Último programa do ano 2019. Dámoslles a ben-vinda e despois de escoitar unha peciña de música, poñémonos en contacto con Martiño Maseda, ex-profesor, escritor e poeta que ven de recoller o 2º Premio no XXXIII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà. Falamos con el da súa traxectoria creativa. Tamén nos comunica que acaba de recibir o 1º Premio do XIII Certame Literario de "Terras do Chamoso". Felicitámolo e desexámoslle que siga acadando moitos éxitos máis.
A segunda comunicación é con Antón Cortizas, mestre xubilado, escritor, poeta e realizador do Libro-CD "O colo das palavras" que publicaron en Semente Trasancos. Un libro moi recomendado para os cativos, pero tamén moi importante para todos os que desexen disfrutar da música e da poesía. Podedes dar con él neste enderezo: info@sementetrasancos.gal. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe e desexámoslle que teñan unhas Felices Festas e un ventureiro aninovo 2020.
Continuamos na segunda hora coa crónica do noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?. Comeza cos seus TOP semanais e finaliza coas pílulas retranqueiras moi recurrentes. Despídese desexando moi Boas Festas.
A derradeira intervención deste ano é a da nosa correspondente Fernanda Follana Neira, falando da contorna dos Ancares Lugueses. Desexámonos mutuamente unhas Felices FESTAS e un próspero aninovo cheo de ventura para todos.
Ate o vindeiro 9 de xaneiro do 2020, que voltaremos aquí á mesma hora ¡¡¡Sexan FELICES!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario