jueves, 10 de febrero de 2022

XOVES 10 de FEBREIRO do 2022

Lucía Pérez - Na miña pel
Comezamos escoitando a nosa sintonía de sempre e saudando a tódolos oíntes e seguidores. Escoitamos un bocadiño de música, concretamente a dun videoclip de Lucía Pérez: Na miña Pel. Precisamente aproveitamos a ocasión para conectar con ela e falar dese traballiño tan fermoso. Coméntanos algunhas cousas da súa traxectoria, da próxima edición dun CD que recollerá esta canción na que seguro incluirá un mínimo de dez pezas. Tamén nos comenta parte dos compromisos que ten previsto realizar, os desexos de poder actuar en Cataluña, concretamente en Barcelona, da próxima visita a Miami, nun acontecemento e celebración moi interesante... ... Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


Damos a coñecer algunhas informacións. Próxima celebración dunha "Calçotada", concretamente o sábado día 12. Concerto de Guadi Galego o día 13 no "Casinet de Hostafrancs" e outras cousiñas...

A segunda intervención é a do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección "Quen che Preguntou". Fainos a súa crónica co seus "Desghústanme" e "Ghústanme", finalizando con algún apunte sacado da súa observación minuciosa, popular e retranqueira.

 

Ledicia Sola
Continuamos, na segunda hora conectando con Ledicia Sola, actriz galega de moito prestixio. Forma parte do elenco de actrices que intervendrán na obra de Teatro "Cigarreras", baixo a Dirección de Cándido Pazó. Estarán no Teatre Romea de BCN, dende o día 22 de febreiro ate o día 6 de marzo. Os espectadores que desexen asistir poden entrar na páxina do Teatro para reservar as entradas, porque teñen un pequeno desconto si as adquiren con tempo, antes da estrea. Unha conversa moi interesante. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moitos éxitos, a ela e a tódolos compoñentes.


Miguel Anxo Mato
A última conversa-entrevista é con Miguel Anxo Mato Fondo, escritor, poeta e crítico literario nado en Ponteceso. Comentamos con el a súa dedicación á escrita, tanto poética como narrativa. Fálanos da súa última publicación: Sisley no Xuncal da Trave. E agasállanos coa lectura dun dos seus poemas. ¡Moitos éxitos! e ¡Moitas grazas Miguel Anxo!. En vindeiras datas voltaremos a poñernos en contacto para que nos sigas explicando cousas da túa creación literaria.


A vindeira semana máis. ¡Que teñan unha feliz semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario