jueves, 17 de febrero de 2022

XOVES !7 de FEBREIRO do 2022

Xosé Magalhaes e Lydia Olmo
Unha nova emisión de "Galegos no BAIX". Dúas horiñas da Radio en galego. Comezamos coa nosa sintonía, salutacións de sempre e un pouquiño de música para recibir a XOSÉ MAGALHAES, do Restaurante CEIBE, na Rúa San Miguel, 8 de Ourense. Veñen de ser elixidos para competir como Cociñeiros Revelación do ano 2022 en Madrid Fusión. Felicitámolo e enviámoslle os nosos parabens tamén para a súa compañeira Lydia Olmo. Unha equipa moi ben conxuntada que están a ofrecer unha cociña moderna de tradición moi interesante. Iniciarán tempada mañá mesmo. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe e desexámoslles que teñan moitos éxitos.

A segunda intervención é a de DANI de BIDU, que pertence ao Folión da Mourela pra acá, en Manzaneda, que nos fala do Entrudio con todas as celebracións e actos previstos para esta "Grande Festa" que celebran anualmente. Énchenos de información e aprendemos coas súas explicacións en qué consisten as "mázcaras" (recalca e insiste nesa precisión con "z"). Fálanos de cómo se realizan os folións, que hai que pedir permiso, cun verso, para as foliadas nas distintas parroquias, os agasallos con que son recibidos nas diferentes aldeas, as celebracións gastronómicas, o touro e o toureiro recentemente recuperado... leccións para coñecer un chisco esas celebracións tradicionais que se teñen que apreciar máis e mellor, en directo. Grazas, Dani.

Continuamos con outra entrevista-conversa trátase da nosa maiga e admirada cantautora e filóloga María Xosé Silvar "SES". Felicitámola porque fará o seu concerto presentando o último CD "Liberar as arterias", no Barna Sants, o día 27 de febreiro. Despois trasladarase a América para facer unha xira especial por Arxentina, Uruguay, Chile e posiblemente México... Desexámoslle moitos éxitos.

Diego Trillo
Seguimos conectando novamente con Galicia para falarmos con Diego Trillo, do establecemento "Pandejuevo", en CEE (A Coruña). Tamén o felicitamos porque é un dos elexidos para participar na sección de pastelería - docería dentro do Madrid Fusión deste 2022. Agradecémoslle a súa atención. Fálanos dos produtos que ofrecen na súa tenda, das investigacións e traballos no seu obradoiro para ofrecerlle aos clientes: moitas e variadas novidades para disfrutar. Desexámoslle que teñan moitos éxitos.

Tamén damos a coñecer unhs noticias relacionadas coas actividades da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà

 

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

¡Sexan felices!


No hay comentarios:

Publicar un comentario