Unha nova emisión deste programiña en lingua galega. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e disculpando a ausencia do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que se atopa convaleciente. Desexamos que pronto se recupere para poder compartir con el estos momentos radiofónicos. Escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto con MIGUEL FRAGUAS, da Asociación Cultural FOULA de Cerdedo/Cotobade. Felicitámolo pola parte que lle toca xa que veñen de celebrar a "12 Festa do Pan de Millo e ovo", con grande éxito e con moita paticipación e asistencia. Coméntanos que esta Asociación foi fundada fai 35 anos, que segue a traballar cos seus asociados celebrando moitas actividades e actuacións e cidades veciñas. Teñen unha Banda de Gaitas. Están moi orgullosos do traballo que están a desenvolver. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que teñan moitos éxitos.
Despois de escoitar outro bocadiño de música, poñémonos en contacto con MIRIAM, da nosa Asociación C.G. Rosalía de Castro de Cornellà. Encetouse o curso 3036/27 o sábado da semana pasada, con aulas e clases para gaita, percusión e baile. Xa tiveron unha primeira actuación do Barrio da Gavarra. Próximamente actuarán en Nou Barris, con motivo da celebración da "Festa do San Froilán, o día 2 de outubro. Para o día 3 na Festa do "Barrio Centre" de Cornellà. O 10 de outubro participación e actuación na Festa que organiza a Casa Galega de Hospitalet. Previsión da Festa do Magosto na segunda semana de novembro, con castañas da zona da Gudiña (Ourense) e celebración do Campionato de Tute. Máis adiante, no mes de novembro, celebración do "XL Certame de Poesía Rosalía de Castro". Todo esto acompañado de gastronomía galega no "Restaurante Rosalía de Castro", na rúa Federico Soler, 71. Desexamos que o disfruten e que sigan colleitando moitos éxitos.
Despedimos a Miriam con música e con esa mesma música recibimos a LUÍS, da Granxa-Queixería ARQUEIXAL. Unha Granxa Familiar, situada na parroquia de Santiago de Albá, na zona da Ulloa. Producen queixo, yogur e leite fresco. Recuperaron e restauraron unhas Casas Rurais que alugan aos hóspedes que se achegan para disfrutar do natural e rural respectando o medio ambiente, dende un punto de vista ecolóxico, económico e social. Felicitámolo porque acaban de ser premiados cun Bacelo de Prata, que lle será entregado o vindeiro día 3 de outubro no Pazo de Ulloa, en Esposende. Mantemos unha conversa moi amena e chea de información sobre ese proxecto tan interesante. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Informamos das diferentes actividades que ten previsto realizar a Asociación "Airiños da nosa Galicia" en Santa Coloma de Gramenet, que ampliaremos con máis detenemento o vindeiro xoves, que termos a participación do seu presidente Xosé Canosa.
Despois da música damos información das novidades que nos chegaron á Redacción do programa. E aproveitamos a peza final para despedirnos dos nosos escoitantes e seguidores, desexando que volvan a conectar con nosoutros o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
Deixamos aquí o programa completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario