jueves, 3 de febrero de 2022

XOVES 03 de FEBREIRO do 2022

Unha emisión máis deste noso programa tentando comunicarnos con tódolos nosos oíntes e seguidores. Dúas horiñas de radio en galego con música, conversas, entrevistas e informacións diversas. Despois da sintonía do programa (a Danza dos DEDOS, composta polo grande Xiao, cando aínda non tiña os 18 anos, que precisamente cumpriría hoxe). Dámoslle a ben-vinda e conectamos con Galicia para conversar-entrevistar ao Dtr. Gumersindo Rego Fernández. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe.

A segunda colaboración é con dona Mari Carmen Sánchez Iravedra, da Empresa "Embutidos artesanos Suarna". Infórmanos da realización o próximo día 27 de febreiro da "31 Festa da Androlla-2022" en Navia de Suarna. Fálanos dos seus produtos e onde se poden adquirir. Desexámoslle moitos éxitos.

Continuamos o programa saudando a Rubén Pérez, enólogo da Adega Ponte da Boga, na Ribeira Sacra. Unha conversa moi interesante e coa que non só coñecemos un pouco máis polo miúdo esta Adega e os seus produtos, senón que tamén aprendemos algo máis dese traballo tan importante que se está a facer relacionado co cultivo das uvas autóctonas desa D.O. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que sigan colleitando moitos máis ouros nas diversas exposicións e mostras ás que acuden. Precisamente mandámoslle os nosos parabens por ter acadado nada menos que 5 Ouros recentemente con diversos viños presentados.

A última conversa-entrevista é con Uxía, unha das máis grandes voces da música tradicional galega, que nos fala da próxima publicación dun CD do Grupo "Malvela" que titularán "O Benquerer". Tamén nos adianta que está a preparar outro CD, seu, que levará por título: "De tu casa a la mía", que próximamente presentará en Santiago de Compostela... Agradecémoslle o tempo que nos dedicou e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

Aquí vos deixamos o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario