jueves, 4 de febrero de 2021

XOVES 04 de FEBREIRO do 2021

Voltamos a emitir este programiña de Radio en Galego, desexando aprender de todos vosoutros e ofrecerlles dúas horiñas entretidas. A primeira comunicación é con ISI Rodríguez, un humorista galego que nos deleita coa súa participación. Agradecémoslle a colaboración e coméntanos algunhas cousas nas que está traballando e participando, máis concretamente na TVGalega. Desexámoslle moitos éxitos.

A segunda chamada é para saudar e recibir nos "Estudios Virtuais" a Lidia Veiga, que nos recibe moi amablemente e cóntanos alguhas cousas da súa formación e da súa traxectoria artística. Felicitámola polos éxitos acadados polo dagora e desexámoslle que siga colleitando moitos máis.


Continuamos na segunda hora co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, que na súa sección QUEN CHE PREGUNTOU, sempre ten novidades e informacións interesantes. Recibímolas a modo de Me ghustan e Desghústanme, que é como titula esta súa sub-sección. Finaliza comentado outra subsección, a das "caralladas" e prometéndonos a súa "viñeta" para ilustrar algún dos momentos relevantes, que el escolle, da emisión de hoxe.

 

E finalizamos o apartado de entrevistas-conversas con Mª Sagrario Fernández Méndez. Traballadora Social, que nos presenta ese Documental sobre a Vivenda e que se pode admirar e contemplar tanto no Youtube como naquelas páxinas que busquedes por Internet.

Aquí podedes escoitar o programa enteiro. Ate a vindeira semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario