jueves, 18 de febrero de 2021

XOVES 18 de FEBREIRO do 2021

Un novo programa de "Galegos no BAIX" con entrevistas, música e novidades dende Galicia. Dúas horiñasa de radio en galego, para tentar entretelos. Comezamos conectando con Jasmin e Sarai, dúas das responsables e propietarias da "A Churrería Ribeira". Xunto con Eva González, mudaron a súa profisión para converterse en churreiras e ofreceren os seus productos innovadores e con grande éxito. Dende o mes de decembro do 2020, están a cumplir os antollos dos veciños e moitas persoas que se achegan a mercar os seus productos. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos nesa nova andaina que están levando adiante.

A segunda conexión é con Mary Carmen Sánchez, da Empresa Embutidos Suarna, con quen xa tivemos algunha conversa en programas anteriores, pero que nesta ocasión queriamos felicitala polo seu "20 Aniversario" da súa creación e posta en marcha, así como darlle os nosos parabens porque están a producir a Androlla dos Ancares máis artesana das que se poden mercar. Tamén sirven moitos máis productos elaborados coa carne do porco, todos elaborados artesanalmente. ¡Moitas grazas por atendernos, Mari Carmen. Sempre é unha honra poder escoitarte no noso humilde programa.

A segunda hora comeza co a sección QUEN CHE PREGUNTOU? do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, que nos fai un repaso das novidades escollidas por el cos seus Ghústanme e Desghústanme. E despois envíanos a súa creación artística en forma de viñeta, que aproveitamos para compartir con todos vosoutros nesta páxina.

E finalizamos o programa de hoxe entrevistando e falando co grande humorista galego PEPE CAPELÁN, que ten un programa diário na TVG titulado "Malicia Noticias". Agradecémoslle a atención que nos dispensa e facémoslle algunhas preguntas que consideramos de interese para os nosos oíntes e seguidores.

Despedímonos ate o vindeiro xoves, á mesma hora e colgamos a continuación o programa enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario