jueves, 29 de octubre de 2026

XOVES 29 de OUTUBRO do 2026

 Outra emisión máis deste programiña "Galego no BAIX". Sentimos a falta do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que segue algo delicado e desexámoslle que pronto se recupere. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de música para recibir á primeira convidada: CARMEN BLANCO SANJURJO, escritora, actriz e avogada. Ven a presentar o seu libro: "El Fuego en la Piedra". A segunda parte dunha triloxía que comezou coa edición do seu primeiro libro: "Gorrións e Falcóns". Conversamos sobre esa escrita e indícanos que presentará o libro nun lugar espectacular e emblemático de Barcelona: Kaelum, na rúa, La Palla nº 8, o día 12 de novembro a partir das 19h. Haberá presentación con música a cargo de Xurxo Romaní, e petiscos para os asistentes. Agradecémoslle a información e desexámoslle moitos éxitos.


Continuamos, conectando novamente con Galicia para falarmos con MARÍA YÁÑEZ, Directora da película "KIRO", que se presentará o próximo día 3 de novembro a partir das 6 da tarde na Sala de Cine Aribau. Haberá unha segunda proxección o seguinte día 4, no mesmo cine Aribau, a partir das 20h. Fálanos de cómo foi a rodaxe desta película, da grande sorpresa que os asistentes poderán disfrutar, xa que atoparán moitas cousas curiosas desa grande artista galega, que eles alcuman como "A Diva do Torreiro". Información detallada que seguro complacerá aos asistentes a esa proxección cinematográfica. Desexamos que teñan moito éxito.


A continuación recibimos a crónica do noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUE CHE PREGUNTOU? que está composta de tres apartados moi significativos: 1.- O Bule-Bulo 2.-Que pasa que pasa na Ribeira Sacra e 3.- Sabedoría Popular.Agradecémoslle a súa aportación e desexámoslle feliz Magosto.

A última intervención é a de EVA CAMEÁN PENSADO, coa súa "Sección Literaria de EVA", na que nos fai partícipe das súas lecturas e recomendacións para disfrutar lendo. Fainos un percorrido extraordinario dándonos a coñecer as últimas novidades, as súas últimas lecturas e as propostas máis interesantes que non deberían faltar si desexamos elixir algunha lectura próximamente. Agradecémoslle a súa aportación e agardamos unha próxima intervención feiticeira.


Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario