jueves, 12 de febrero de 2015

XOVES de COMADRES: 12 de febreiro do 2015

Comezamos o programa de hoxe coa entrevista a don XOSÉ FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Alcalde do Excmo.Concello de Navia de Suarna, que nos da cumplida información da "25 Feira-Festa da Androlla" que se celebrará a vindeira fin de semana. Tamén tivemos ocasión para preguntarlle cousas relacionadas co Concello e aproveitou para darnos una noticia, en exclusiva para os osos oíntes: Xa están moi adiantadas tódalas xestións para que se realice axiña a construcción da Residencia de Maiores na Proba de Navia de Sauarna.


A segunda entrevista é con don ANDRÉS MONTESINOS, Alcalde do Concello de VIANA DO BOLO. O vindiero domingo 15 de febreiro celebrará a "XLV FESTA DA ANDROLLA". A cantidade de persoas que teñen previsto asistir a este evento calcúlase que chegará a 3000, ou máis se contamos os que elixirán os restaurantes da vila para celebrarlo. O aforo do Pavillón Deportivo da localidade estará abarrotado e colocaranse unhas carpas, no exterior, para atender aos compoñentes dos folións e comparsas que desfilarán no pasarúas desa mañá domingueira  Desexámoslle moitos éxitos e agradecémoslle a súa amable atención e información, que sempre nos dispensa.


Tamén falamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé M.F.Montes, encargado da sección Quen che pregunto? que como cada semana ten preparadas as súas noticias de interese para todos nos, xunto con algunha anécdota humorística.


A ultima intervención-entrevista é con PALOMA RAMOS, de LIÑARES, elaboradora de andollas caseiras e artesanas, que ademais de darnos as receitas personais e antergas da súa familia, convídanos a participar na Feira deste producto en Navia.


Desexamos que volvan a sintonizarnos a vindeira semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario