Un programa máis, en galego. Como cada xoves dúas horiñas de radio con música galega, informacións diversas, conversas e entrevistas que desexamos sexan do voso interese. Hoxe comezamos chamando a RUBÉN, da "CASA CASTELAO", en "A Fonsagrada", por mor da celebración da "XVIII FEIRA do BUTELO de A FONSAGRADA", prevista para os día 7 e 8 deste mesmo mes. Agradecémoslle moi encarecidamente a súa amable atención, xa que a pesares do constipado que lle incomodaba, aínda tivo a pacencia suficiente como para comentar con nosoutros aspectos moi interesantes da Feira e dos productos que elaboran na súa CASA.
Uns minutiños de música galega para "adubiar" un chisco as nosas conversas.
Na segunda hora, conectamos con XOSÉ M.F.MONTES, o noso correspondente en Monforte de Lemos, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e que cada semana ten preparadas unha serie de informacións e noticias de certo interese para tódolos nosos oíntes e seguidores, acabando coas súas sentencias-refráns retranqueiros que provocan algún que outro sorriso.

A ultima entrevista é con CARMEN, de Xanela da Lúa, a Vivenda Rural de LIRA, que ten unha oferta especial para os Namorados, concretamente a fin de semana do 14 deste mes (San Valentín), pero que tamén poden aproveitar outras suxerencias e ofertas de Entroido e Semana Santa, moi apetitosas e económicas para poder disfrutar dunha estancia feiticeira. Desexámolle moitos éxitos e agradecémoslle a súa amable participación no noso programa.
A videira semana mais. Agadamos que volvam a sintonizarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario