jueves, 10 de diciembre de 2015

Xoves 10 de decembro do 2015

Unha nova emisión de radio en galego, para tódolos nosos oíntes e seguidores. E comezamos escoitando unha peza de música interpretada por CARMEN PENIN, de "2 Na Fronteira" para darlle a ben-vinda a MERCHI ALVAREZ  (Presidenta de GALICIAME) a quen felicitamos polo éxito acadado na "1ª GALA-XANTAR de Galiciame" celebrada o pasado sábado 5 de decembro en Cambados. Mantemos con ela unha conversa moi agradable e aproveitamos para conectar, tamén con BELEN XESTAL (da Radio Galega), que foi a conductora desta Gran Gala, xunto co noso compañeiro ARMANDO FERNANDEZ, como representante do noso humilde programa e da nosa RADIO SANT BOI. Agradecémoslle a súa amable participación e comprometémonos para axudar a realizar outros Actos para recadar e conseguir máis aportacións para a Investigación do Dr.Nascimento. Aínda poden facer aportacións nesta Conta: La Caixa Iban ES65 2100 5036 4601 0043 0383.


Despois falamos con dona MARIA VICTORIA, do Hotel CRUCEIRO, de Cambados, concretamente no bairro de Castrelo, que tamén participou moi desinteresadamente na realización dese grande evento, e que aproveita para combidar a tódolos nosos oíntes e seguidores para que se acheguen a esa zona tan fermosa de Galicia, para disfrutar dos seus encantos, que ademais terán un prezo moi especial, nese Hotel Familiar, como ela mesmo nos informou.

Na segunda hora, como cada semana, a sección QUEN CHE PREGUNTOU? a cargo do noso correspondente XOSE MANUEL F. MONTES, que sempre ten preparadas e escollidas algunhas noticias de certo interese para tod@s nós. Fai unha proposta para que os nosos oíntes e seguidores opinen sobre as diferentes porpostas de comunicación que el nos ofrece e combídaos a participar para acertar cal é a información que non é real, entre as que no deu a coñecer. E remata, coma sempre, coa súa aportación pictográfica (relacionada coa súa proposta, claro).


E para finalizar a emisión de hoxe voltamos a conectar con Galicia para falarmos con ALFREDO, compoñente do Grupo "A RODA", que foi o encargado e encetar a Gran Gala da que lle vimos informando dende o comezo. Agradecémoslle a súa colaboración desinteresada.

Agardamos que volvan a sintonizarnos a vindeira seman, na que aproveitaremos para facer un programiña cheo de felicitacións e agasallos para estas Festas tan entrañables.

No hay comentarios:

Publicar un comentario