lunes, 20 de marzo de 2017

XOVES 16 de MARZO do 2017

Este xoves comezamos o programa coa presenza nos estudos de ALVARO PRIETO e DANIEL GONZÁLEZ, da A.C.G.AGARIMOS de Badalona, que veñen a participar na emisión de hoxe e adiantarlle aos nosos oíntes e seguidores o que están preparando para celebrar ese "20 ANIVERSARIOS DE AGARIMOS", para o vindeiro mes de MAIO. E conectamos con Galicia, concretamente con TEO, perto de Santiago de Compostela para falar co Sr.Miguel, cociñeiro e responsable do Restaurante San Martiño. Fainos un pequeno percorrido da súa traxectoria profesional e tamén nos informa das diferentes ofertas que se poden atopar no seu Restaurante.

A segunda inervención é a de JORGE, un cantautor galego que ven de presentar o seu ultimo traballo discográfico, do que nos fala moi amplamente e tamén aproveita para adiantarnos os seus próximos proxectos.

Na segunda hora voltamos a conectar con Galicia pero achegámonos agora á localidade de Pontevedra A CAÑIZA, para falar co seu Alcalde Sr. MIGUEL DOMÍNGUEZ, que nos informa da "IX Edición das Xornadas Gastronómicas do LACÓN CON PETELO". Agradecémoslle a súa participación e desexámoslles que teñan moitos éxitos.

A seguinte chamada-conversa é con don ALEXANDRE BREA RODRÍGUEZ, un poeta nobel que acaba de obter un Premio moi importante e grazas a eso ven de publicar un seu libro de poemas que se titula: O LIBRO BRANCO. Desexámoslle que siga colleitando premios.

Lémbrense de que este noso programiña volve a reemitirse o domingo. A vindeira semana máis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario