martes, 14 de junio de 2016

09 de XUÑO do 2016

Colgamos hoxe o programa do xoves pasado, que por motivos diversos non puidemos facelo antes.
Comezamos a emisión conectando con FRAN ALLO, cantautor galego que nos recibe moi cordialmente e conversamos con el sobre o seu último traballo:Alma Gallega. Facemos un pequeno percorrido pola súa traxectoria musical e cóntanos as últimas actuacións fóra de Galicia e dos éxitos que está acadando con este CD que aínda está promocionando, pero que ultimamente tenno algo relativizado por mor da súa dedicación á formación persoal. Agradecémoslle a súa aportación.


A segundo conexión é con dona ESTHER TEIJEIRO, de "Adega Diego de Lemos" "Granxa Familiar" (en Chantada, concretamente na localidade de Pincelo), felicitámola polos éxitos que está acadando cos seus viños ecolóxicos da Ribeira Sacra. É a primeira adega ecolóxica rexistrada en Galicia. Desexámoslle que siga colleitando trofeos.


Novamente conectamos con Galicia e como cada semana falamos co noso correspondnete XOSÉ MANUEL F. MONTES, da sección QUEN CHE PREGUNTOU?. Tennos preparadas unhas noticias galegas interesantes e acaba a súa aportación coas palabras retranqueiras sobre o noso idioma e os refráns galegos cheos de intelixencia popular. Tamén nos envía a súa viñeta semanal, que sempre está chea de creatividade e con varias lecturas, segundo quen a contemple, alusiva ao programa de hoxe.


A ultima conversa-entrevista é con dona MARÍA ALBARIÑO, mestra-profesora no CPI de Navia de Suarna, que nos fala da publicación dun libro que recolle máis de 200 palabras que non estaban rexistradas e que pertencen ao "falar" e expresividade da zona dos Ancares, e máis concretamente de Navia de Suarna. Felicitámola e comprometémonos voltar a comunicarnos con ela.


A semana que ven máis, e agardamos ser máis puntuais na posta en marcha do noso blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario