lunes, 13 de junio de 2016

Xoves 2 do mes de SAN XOAN do 2016

Colgamos aquí o programa atrasado do 1º xoves de mes, que non o puidemos facer antes, por mor de certas circunstancias persoais que non veñen ao caso. Pedímosvos Disculpas por non telo feito antes pero agora comezamos a poñernos ao día neste asunto.
A primeira comunicación é con Galicia, para falarmos con dona Assumpta, con que xa temos falado nalgunhas ocasións, dona da CASA ASSUMPTA - Turismo Rural, en Arzúa. Unha conversa moi agradable coa Sña.Assumta, catalana de nacemento (concretamente de San Vicens dels Horts), que se estableceu en Galicia para ofrecer os seus servizos nesa Casa Rural tan feiticeira e na que se poden degustar os pratos galegos e típicos cataláns. Agradecémoslle a súa amable atención.


A segunda conversa-entrevista é con don BIEITO ROMERO, Fundador do Grupo LUAR NA LUBRE, que nos informa das moitas actuacións que veñen facendo ao longo desta tempada e das que xa teñen contratadas para as vindeiras datas. Tamén comentamos as súas creacións así como o éxito que están acadando co seu ultimo CD EXTRAMUNDI. Coméntanos a incorporación dunha nova violinista, Antía Ameixeiras, para sustituír a Eduardo Coma. Falamos do que xa están a traballar nun novo disco, adaptando músicas tradicionais galegas e composicións propias. Foi un pracer falar con BIEITO.


Na segunda hora, como xa é habitual cada Xoves, conectamos con noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección  QUEN CHE PREGUNTOU?  para recibir as súas escollidas novidades e noticias interesantes así como a súa retranquiera intervención relacionada coas "nosas cousas galegas" e apuntes do refraneiro popular. Tamén nos envía a viñeta alusiva ao programa de hoxe.


A ultima conversa-entrevista é con ROSMAR, da Pastelería Panadería do mesmo nome, con sede e A Coruña, que nos fala das súas múltiples visitas á comunidade catalana para ofrecer os seus produtos galegos de alta calidade. Ven de estar na Festa de Can Mercader a semana pasada, convidada pola Asociación C.G.Rosalía de Castro, e na que di que tivo moito éxito. Desexámoslle moitos éxitos e que siga mantendo esa enerxía e grande profesionalidade.


A vindeira semana máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario