Comezamos o programa ofrecéndolles unha peza tradicional galega e deseguida conectamos con Galicia para falarmos con FRANCISCO NARLA, que acaba de publicar o seu libro : DONDE AÚLLAN LAS COLINAS, e que será obxecto de presentación estelar na Festa ARDE LUCUS, da cidade de Lugo esta fin de semana próxima. Desexámoslle moitos éxitos.
Falamos con JUAN PRIETO, Presidente da A.C.G.Agarimos, que nos presenta a "20 FESTA Galega de AGARIMOS en BADALONA", para os días 17, 18 e 19 vindeiros. Realizarán unha morea de actividades culturais e gastronómicas. Ademais de disfrutar da nosa música galega e das verbenas, tamén poderán recoller a revista "A Palloza" que editan anualmente.
Nesta segunda hora non poderemos conectar co noso correspondente Xosé Manuel, pero sí que conectaremos con Monforte de Lemos, concretamente con dona BEATRIZ VILA FREIRE, responsable da Asociación de Empresarios da Ribeira Sacra, que nos fai de cronista e infórmanos dalgunhas interesantes cousas que están a suceder na comarca.
Tamén conectamos con dona Verónica, propietaria, xunto con Daniel de CAURELOR.COM . Felicitámola polas novos tarros de marmelada e outros produtos que acaban de incorporar á súa oferta de grande calidade que veñen ofrecendo na súa Empresa Familiar. Agradecémoslle a súa participación no noso programa.
Aínda temos tempo para difundir algunhas das noticias que nos chegan á nosa Redacción, que fan referencia aos Premios Xerais desta ano 2016 e algunha que outra cousa máis.
Aínda temos tempo para difundir algunhas das noticias que nos chegan á nosa Redacción, que fan referencia aos Premios Xerais desta ano 2016 e algunha que outra cousa máis.
A vindeira semana voltaremos con máis propostas, música galega, entrevistas, conversas, novidades e moitas cousas máis. Non deixedes de sintonizarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario