Outro xoves máis con todos vosoutros. Comezamos dándolles a ben-vinda e despois de escoitar unha peciña musical poñémonos en contacto con NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA e ELENA FERRO. Permítome ler unha poesía da mencionada poeta pastora Nieves, adicada a uns zocos que lle agasallou o boteiro Roi. Presentamos a estas dúas artistas-artesáns e creativas que sempre nos agasallan con fermosas propostas: Novo calzado tradicional de formas modernas e actuais, unha, Elena. E a outra, Nieves, grandes creacións poéticas acompañadas dunha fotografía e fermosas construccións escultóricas feitas "coa súa navalla" cando vai ao monte coas ovellas. Gabámonos de telas como partícipes da nosa emisión e agradecémoslle a colaboración de hoxe. ¡Parabens!
A segunda comunicación é coa nosa correspondente nos Ancares, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que ten preparadas unha cuantas novidades interesantísimas para percorrer por aquelas fermosas terras luguesas.
Continuamos na segunda hora coa sección Quen che preguntou? do noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSE MANUEL F. MONTES, que cos seus "Me ghustan" ofrécenos unha cumprida mostra das súas escollas informativas. Tamén nos ofrece varias recomendacións de asistencia a algúns eventos importantes esta fin de semana próxima. A súa viñeta alusiva a algunha das intervencións no noso programa está relacionada coa decisión do Sr.Alcalde de Sober para irmanar unha localidade de Asturias co nome de Amandi co mesmo Amandi de Sober. Moi acertada.
A seguir conectamos con JORGE CASAL, un cantautor galego e especialista en problemmas de conducta dos animais. Grande colaborador da Gala anual de GALICIAME. Está a traballar nun novo CD que presentará próximamente. Desexámoslle moitos éxitos.
Concetamos novamente con Galicia para falar con OLAIA MANEIRO, compoñente do Grupo TANXUGUEIRAS, para darlle os nosos parabens por ter recibido o Premio ao mellor disco de música Galega. Falamos con ela que nos comenta o moito que están a traballar non só por Galicia senón tamén internacionalmente. Veñen de actuar na India, estiveron en Portugal, acaban de actuar en Lalín, próximamente en Edinburgo... ... E están a traballar no seguinte CD... ¡Parabens!
Comentamos a presentación do traballo "40 Anos de Xacarandaina" que terá lugar no Teatro Colón de A Coruña, o próximo día 6, coa participación de máis de 50 artistas no escenario. En vindeiras datas comprometémonos tentar flar con eles para que nos falen do seu traballo.
O vindeiro xoves voltaremos. Agardámosvos a todos e moitas grazas por escoitarnos e seguirnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario