Outro xoves con todos vosoutros para tentar de levar adiante este programa de dúas horas en galego, con música, noticias e entrevistas que esperamos sexan do voso interese. Comezamos facendo unha estrena musical: "Launakoa", cedida polo grande Profesor e gaiteiro Daniel Bellón. Esta será, a patir de hoxe a nova sintonía do programa. Conectamos con Armando Fernández, que non se atopa nos estudios en directo, pero que informa dos enderezos e teléfonos para poder conectar con nosoutros e aproveita para facernos unha pequena crónica informativa dalgúns asuntos de interese.
A continuación trasladámonos a Padrón, Terras de Iria para falar con don JOSÉ FREIRE, coordinador e principal organizador da "VI Mostra-Exposición da Camelia e dos Bonsais de Padrón", que se celebrará a vindeira fin de semana. As súas informacións fannos interesármonos un chisco máis por esa planta emblemática nas nosas Rías Baixas e moi concretamente en pazos famosos así como na propia casa de Rosalía. Tamén nos da unha pincelada informativa relacionada coa "V Festa Gastronómica do sabor a Lamprea de Padrón" que dende o día 22 deste mes veñen realizando varios establecementos restauradores da zona. Remata o evento o día 31. Tamén nos informa das diversas actividades previstas polos organizadores da Mostra das Camelias e Bonsais, no Convento do Carmo. Agradecémoslle a súa amable atención e colaboración no noso programa.
Despois conectamos con Roberto Regal, Adegueiro e Enólogo prestixioso na Ribeira Sacra. Felicitámolo por ter acadado varios premios e moi concretamente o ultimo na Feira do Viño de Chantada. Fálanos do seu proxecto "Enonatura" Enonaturae doutros traballos que está a realizar naquela contorna. Tamén nos avanza a próxima posta en marcha dunha proposta divulgativa e informativa para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade e finaliza comunicándonos que próximamente teremos ocasión de disfrutar dunha cata-presentación dos seus viños en Barcelona. Volvemos a felicitalo e desexámoslle moitos éxitos.
A seguinte comunicación é coa nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, que nos fala de varias en curiosas cousas da zona, e moi concretamente céntrase nas tres Tores Medievais que se atopan por ali: A Torre de Doncos, A Torre de Torés e o Castelo de Doiras, coas súas respectivas lendas que engaiolan aos máis incrédulos coa súa imaxinación.
A vindeira semana voltaremos con máis música, noticias e entrevistas. Non falten e pasen unha feliz semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario