Outra programa máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para poñernos en contacto coa primeira convidada: ELBA PEDROSA, escritora, poeta, artista, presentadora, xornalista... que lle concederon o Premio á mellor Poesía de Galicia do 2024 no Ari(T)mar desta edición 2025, polo seu poema "Onde imos agora?". Parabenizámola e desexamos que siga colleitando moitos éxitos. Mantemos unha pequena conversa-entrevista para coñecer un pouco da súa traxectoria creativa e poética fundamentalmente e coméntanos algunhas cousiñas moi interesantes. O seu último traballo editado por Edicións Embora DES A MAR ultrasónico. Agradecémoslle a participación no noso programa de hoxe.
A segunda comunicación é con MAR DÍAZ e ADRIÁN, da "Panadería da Montaña" en Becerreá. Felicitámolos porque ese establecemento acaban de inauguralo, no pasado mes de xullo. Non tiñan panadería e segundo nos informan está a ter moita clientela e moito éxito cos produtos que elaboran, especialmente o pan con fariñas do país e mezclas de trigo e centeo. Tamén ofrecen roscós, madalenas e empanadas variadas, de atun, de carne e de liscos. Desexamos que teñan moito éxito.
Tamén nos poñemos en contacto con CESAR PAZOS, que será o coordinador da "II Xornada Manoel Vello", que se celebrará o vindeiro domingo día 26 no Castelo de Soutomaior, baixo o título: "A Historia de Galicia como motor cinematográfico". Contará coa participación de directores de cine e escritores, productores, investigardores da historia de Galicia e empresarios que participarán con ponencias e despois terán unha mesa redonda na que poderán participar tódolos asistentes. Desexamos que teñan moito éxito.
Recibimos a crónica do noso correspondente, Xosé Manuel F. Montes, na capital da Ribeira Sacra, encargado da Sección QUEN CHE PREGUNTOU? que el mesmo estructurou en tres apartados: Bule-bulo, que pasa que pasa na Riberia Sacra e A Fala - Sabedoría popular.
Falamos con MOISÉS QUINTAS e VICTORIA PÉREZ, que tamén felicitamos pola recente publicación do libro "OS XÉNEROS MUSICAIS TRADICIONAIS E POPULARES GALEGOS". Xa van pola segunda edición. Coméntannos cómo foi ese traballo de recollida de músicas, danzas, cantos e moita documentación que ilustra o libro, ao que lle engadiron un CD para poder disfrutar no só da lectura.
Despedímonos ata unha vindeira data. Que sexan felices.
Deixamos aquí o programa completo-enteiro.




No hay comentarios:
Publicar un comentario