Outro programa de dúas horas en galego. Comezamos dándolles a ben-vinda e conectando con Galicia pra falarmos co Ilmo.Sr.Alcalde de FRIOL, don Xosé Anxo Santos , que nos pon ao corrente da celebración da "XXVII Feira do Queixo de Friol e do Pan de OUSÁ". Un acontecemento moi importante que se realizará esta fin de semana perante os días 23 e 24 de marzo, amenizado con música tradicional e verbena popular a cargo da orquestra Olympus. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos.
A continuación falamos con dona LOLI CERNADAS, do Concello de SOUTOMAIOR, que tamén teñen previsto a celebración dun dos acontecementos máis importantes da provincia de Pontevedra nestas datas, o "XIX Certame da Camelia". Nesta fin de semana, os especialistas e cultivadores presentarán as súas flores da Camelia para acadar algún dos moitos Premios que se entregarán nesta edición. Tamén nos imforma da próxima "XXXIII Festa das OSTRAS de Arcade", que cada ano se realiza a primeira fin de semana do mes de Abril. Outro grande acontecemento gastronómico declarado "Festa de Interese Turístico", un dos máis importantes deste molusco en Galicia.
Continuamos na segunda hora co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, que sempre ten preparada a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU?, cos Me ghusta e Non Me ghustan, nos que escolle as noticias que nos da a coñecer. Tamén nos deleita coa súa escolla do Refraneiro Popular e outras frases recollidas da cultura popular. Precisamente relacionadas con esta aportación envíanos a viñeta que compartimos con todos vosoutros.
Esta última intervención-entrevista é con dona ANA BUJÁN EIRIZ, Guía Oficial de Turismo Titulada. Dende a Ribeira Sacra, como Xerente do Hotel-Rural CASAL das BOUZAS - Os Peares - infórmanos da súa disponibilidade para poder visitar esta zona galega de grande valor e riqueza, tanto gastronómica como de patrimonio histórico importantísimo. Agradecémoslle a súa amable atención e o convite para visitar a Ribeira Sacra.
E así transcurríu o programa de hoxe. A semana próxima voltaremos tentando facerlles pasar dúas horiñas tan amenas como as de hoxe. ¡Disfruten!
No hay comentarios:
Publicar un comentario