jueves, 7 de marzo de 2019

XOVES 7 de MARZO do 2019

Outro programiña de dúas horas en galego, para disfrutar coa música galega, entrevistas e informacións diversas. Comezamos dándolles a ben-vinda e ofrecéndolles escoitar unha peciña musical interpretada pola cantautora M.J.Pérez. Precisamente conectamos con ela para que nos informe da súa traxectoria musical e creativa. Fálanos do seu traballo, dos seus CD (Ollos que non ven... síntoma de cegueira, Guerrilleira e Casandra), dos seus concertos... etcétera. Agradecémoslle a súa amable atención.



Falamos agora con Dani Domínguez, integrante do Fulión Tradicional do Entrudio de Manzaneda, concretamente do Fulión da Mourela pra acá. Unha festa declarada de interese turístico que ademais é unha das máis antigas de Galicia. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.



A sección do noso correspondente - Xosé Manuel F. Montes -  na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, que ademais de comentar unha serie de cousas relacionadas co recentemente pasado Entroido en diversas localidades, tamén nos da cumprida información das diversas noticias escollidas nos seus "Me Ghustan e Non me Ghustan", finalizando coas propostas para esta fin de semana, a "XXXVII Feira do Viño en Chantada" e a "44 Festa do Queixo en Arzúa". Tamén nos enviará a súa creación en forma de viñeta, alusiva a algún tema do programa.



Como non podemos conectar con Oscar do Grupo "Os Xilgaros de Lugo", por mor da súa localización, que non nos é posible, comentamos algunha cousa relacionada con esta Asociación Cultural que se dedica a interpretar a nosa musica Tradicional Galega, ademais de impartir clases de pandeireta, gaitas e percusión... Noutra ocasión falaremos en directo con eles. Tamén nos referimos á "Cacholada" que se celebrará este domingo 10 de marzo no "Restaurante Los Ancares" de a rúa Robrenyo 74.78 de BCN, e á que poden apuntarse poñendose en contacto co Ubaldo Perez.



Agradecéndolles a súa escoita e seguimento despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Que pasen unha feliz semana e volvan a sintonizarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario