Comezamos o programa dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores. Escoitamos unha peciña musical e conectamos con Galicia, concretamente coa Secretaria da Asociación de Filloas da Pedra de A Baña, dona Mónica, que nos fala da recente celebración da "XVI Festa da Filloa" os pasados días 23 e 24 de febreiro. Un acontecemento cheo de engado e moita Festa, que acompañaron cunha morea de asistentes, participacións de Grupos de baile e música tradicional xunto coa Grande Orquestra Charleston Big Band. Convídanos a que visitemos A Baña, para disfrutar da súa gastronomía, Patrimonio cultural e natureza fermosa. Agradecémosllelo.
A seguir, conectamos co Ilmo.Sr.Alcalde de Navia de Suarna, don José Fernández Fernández, que nos fala da "XXIX Feira da Androlla" prevista para esta próxima fin de semana os días 2 e 3 de Marzo. Infórmanos das diversas actividades previstas. Tamén falamos con dona Paloma, unha das grandes elaboradoras artesanais dos productos que se servirán nesta Feira Naviega. Agradecémoslle a súa amable atención.
Continuamos o programa dándolle a ben-vinda a dona CARMEN QUINTEIRO, mestra e escritora de relatos curtos e poesía. Unha amena conversa cunha creadora Pontevedresa que nos amosa a súa faceta escritora coa que se sinte completamente realizada. Pronto sairá ao prelo un novo libro seu. Prometémonos voltar a comunicarnos con ela para comentar a súa publicación.
Despois falamos coa nosa correspondente nos Ancares, dona Fernanda Follana Neira, concretamente en Becerreá, onde se atopa, para que nos informe de varias noticias interesantes sobre aquela zona e tamén nos anima a visitar a páxina de David Ouro, un Ilustrador galego de grande prestixio.
A vindeira semana máis. Non deixen de sintonizarnos e que ¡Pasen unha feliz semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario