Comezamos este programiña de radio ofrecéndolles escoitar a entrevista que nos concedeu o cantautor XABIER VIZCAÍNO, acompañado de Sofía. Estiveron nos estudios de Radio Sant Boi e falamos distendidamente sobre a súa traxectoria e a xira que lle fixo recalar en Hospitalet o sábado pasado, e hoxe mesmo atópase en Zaragoza, para continuar cos seus concertos e presentacións do ultimo CD : DIÁSPORA. Agradecémoslle a súa amable atención.
Despois continuamos o programa conectando con Galicia para falar con RUBÉN da "Casa Castelao" na Fonsagrada, que nos pon ao corrente da celebración da "XXII Feira do Butelo de Fonsagrada", prevista para esta próxima fin de semana, e na que teñen previsto asistir nada menos que 63 expositores de butelos e productos artesanais da zona. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.
Falamos agora co "Chef-Cociñeiro" Alfonso do Restaurante "Manuel Manuel" da capital amurallada de Galicia - Lugo - con quen comentamos varias das opcións gastronómicas que se poden degustar nesta época, nese Restaurante de grande prestixio. Desexámoslle que conitnúen con moitos éxitos.
Conversamos con Filo López, de Territorio Verde, que nos fala desa Asociación sen ánimo de lucro, moi concienciada na posta en valor do Rural Galego. Tamén nos informa da celebración dunha actuación moi importante, prevista para o día 2 de marzo vindeiro en Creixido (Cervantes - Lugo).
A sección QUEN CHE PREGUNTOU? a cargo do noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSE MANUEL F. MONTES, comeza facendo un pequeno repaso aos moitos Entroidos aos que se pode asistir nestes días por aquelas contornas Ourensanas e Lucenses. Despois fai un repaso moi ilustrativo cos seus ME GHUSTAN e NON Me Ghustan, moi interesantes. Tamén recollemos a súa aportación creativa alusiva precisamente a un dos temas tratados na conversa de hoxe.
E despedímonos escoitando unha peza musical proposta polo noso colaborador, alusiva a un dos productos galegos de calidade. ¡Que pasen unha feliz semana e desexamos que volvan a sintonizarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario