Programa anterior á Semana Santa, que comezamos conectando con Galicia para falar concretamente con don QUIQUE PEÓN, o grande Mestre, Investigador, Profesor e Director de Xacarandaina, a quen felicitamos e dámoslle os nosos parabens pola recente presentación no Teatro Colón de A Coruña, nunha Gala fermosísima, do Disco recopilatorio dos "40 Anos de Música Tradicional Xacarandaina". Unha ledicia poder disfrutar da súa conversa tan interesante e chea de ensino sobre as nosas tradicións e a nosa cultura. ¡Moitas grazas Quique!
A segunda intervención é a do Ilmo.Sr.Alcalde de Sober, don Luís Fernández Guitián, que nos fala da "XXXIX Feira-Festa do viño de Amandi". Énchenos de informacións sobre as múltiples actividades que teñen previsto realizar para esta fin de semana con motivo desta grande Festa declarada de Interés Turístico de Galicia. Unha honra poder comentar todas estas novidades que nos pormenoriza o Sr.Alcalde.
Continuamos, na segunda hora, coa relación dos seus "Non Me Ghustan" e "Me Ghustan" do noso correspondente en Monforte de Lemos. Xosé Manuel F.Montes, que sempre ten unha escolla moi especial das noticias "ao seu xeito" e que fan da súa participación unha conversa moi interesante. Envíanos a súa aportación creativa en forma de viñeta, que nesta hecha fai referencia a unha das pequenas intervencións fraseolóxicas coas que nos agasalla, pero que hoxe adícalla a un servidor. Eu, dende estas liñas, agradézollo moi sinceiramente e felicítoo pola feliz idea. ¡Moitísimas Grazas!
A última participación é a de dona Balbina Alvarez, propietaria dun seu nogocio persoal "Oficina Técnica Agrícola Alvarez". Recibímola dándolle os nosos parabens, por ter sido elixida "Confrade Maior" da Confraría do Viño de Quiroga. É a primeira muller que pertence a esta honrosa Confraría. Tamén aproveitamos para desexarlle moitos éxitos nesa súa tarefa tan fermosa como é a de aconsellar aos colleiteiros e agricultores.
Desexámosvos que pasedes unhas moi Felices Pascuas. ¡Que disfruten desta Semana Santa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario