jueves, 31 de octubre de 2013

31 de OUTUBRO 2013

Outro xoves máis con vosoutros para poder levar adiante este programiña de dúas horas de radio en galego, tentando facerlles amena a audición de cada semana. Despois dos saúdos de rigor poñémonos en contacto con EMILIO RÚA, que ten previsto facer unha visita a BARCELONA para realizar un concerto das súas creacións musicais no CENTRO GALEGO de Barcelona o vindeiro día 9 de NOVEMBRO. Unha entrevista-conversa na que aproveitamos para repasar, un chisco a súa traxectoria e os seus próximos proxectos.


Falamos da celebración do día de SANTOS, que ten moita tradición e ancestralidade na nosa comunidad gallega. O SAMAIN, concretamente, que se traduce no hallowen Norteamericano, aínda que a súa procedencia ven de moi antiguo, moi probablemente Celta e dos Druidas.


O noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F.Montes, fainos un percorrido interesante e remata a súa intervención con pinceladas humorísticas sobre os choupís e unha selección de refráns e ditos galegos desta época do ano.


Denantes de despedirnos poñemonos en contacto con don ERNESTO LAGARÓN, ao que lle pedimos unha valoración da FESTA GALEGA que se celebrou en días atrás e avánzanos os Actos que ten previsto realizar a A.C.G.SAUDADE, en Barcelona. Agradecémoslle a súa participación e información detallada.


A vindeira semana voltaremos, con máis noticias, música e entrevistas que agardamos sexan do voso interese.

No hay comentarios:

Publicar un comentario