jueves, 7 de noviembre de 2013

XOVES 7-11-2013

Un xoves máis comezamos o noso programa cos saúdos de rigor e propoñémoslles escoitar unha peza de música de Cristina Pato para amenizar as nosas comunicacións. Falámoslle de diversas noticias e celebracións, así como de certos acontecementos actuáis.


Conectamos con Galicia, concretamente falamos con Xosé A. Bocixa, do grupo de rock galego ZENZAR, que nos dá a coñecer o seu traballo e mantemos unha conversa moi agradable e ilustrativa do que se está a facer neste eido musical na nosa terra.


Na segunda hora falamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, concretamente en Monforte de Lemos, Xosé M.Montes, que nos pon ao corrente das novidades escollidas para os nosos oíntes e seguidores.


Despois conectamos novamente con Galicia para falarmos con don Xosé Manuel, xerente das Adegas MOURE, productores do viño Abadía da Cova, quen moi amablemente nos fai un pormenorizado percorrido dos seus productos vinícolas, pasando polos oruxos e a recente creación e posta á venda da "Ginebra" que "bautizada" con nome de ANA London Dry Gin, en honor á mai do propio Xosé Manuel. Agradecémoslle a súa atención e prometémonos voltar a conversar con el en vindeiras datas.


Rematamos desexándolles que volvan a sintonizarnos a vindeira semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario