jueves, 17 de enero de 2019

XOVES 17 de XANEIRO do 2019

Unha emisión máis con todos vosoutros para tentar de ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego, con novidades e entrevistas interesantes.  A primeira novidade é que contamos cun número de teléfono de WASSAP : 626 353 202, que poden empregar para comunicarse con nosoutros e comentarnos todo aquelo que lles apeteza ou aquelo que desexen compartir connosco, preguntas aos entrevistados, suxerencias musicais, solicitudes... etcétera. Agardamos as vosas comunicacións. Comezamos conectando con don JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente de Asociación de Bercianos en Cataluña ASOBECAT, que nos informa da próxima celebración do XVI FESTIVAL DEL BOTILLO EN CATALUÑA. Agradecémoslle a súa colaboración e comprometémonos voltar a comunicarnos con el para máis informacións vindeiras.



A segunda conexión é coa Excma. Sra. Alcaldesa do Concello de Castro Caldelas (Ourense), dona Sara Inés Vega Núñez, que nos fala da próxima celebración do grande evento anual "OS FACHÓS 2019" previsto para o día 19 de xaneiro, véspera do San Sebastián. Un grande evento que se celebra cada ano na mesma data, e que consiste nun pasarúas, a modo de "procesión" con máis de cincocentos fachós presididos por un grande fachón de máis de 40 metros de lonxitude. Despois repártense os bolos preñados con chourizo e viño. Tamén terán interpretacións musicais, degustación de licores e queimada final de agasallo para tódolos participantes. Desexámoslles moitos éxitos.



Continuamos, na segunda hora coa intervención do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Comeza cos seus "Me ghustan e Non me ghustan e finaliza coas súas suxerencias escollidas para esta fin de semana.



E para finalizar retomamos a conversa desoutra semana coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira, que nos fala do asunto relacionado cos Parques Naturais de Galicia e coméntanos varias e interesantes reflexións. 



A vindeira semana máis. Non deixedes de conectarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario