Un programiña máis con todos vosoutros para ofrecervos dúas horas de radio en galego. Comezamos comentado as actividades que ten previsto realizar a A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà: "Butelada do Suso" para o videiro día 27 deste mes, "O Filandón" con música das pandereteiras do Centro e de Alfredo González, intervención declamatoria de Manuel Rodríguez Julian e outros, cómicos e diversas actuacións. Tamén informamos doutras actividades relacionadas co Entroido e Xantar conmemorativo, así como o Campionato de Tute e Brisca, Asamblea Xeral e a Festa Galega de Can Mercader para o mes de xuño e que este ano contará coa intervención de Anxo Lorenzo, aínda por confirmar, pero o que sí é seguro que disfrutaremos da actuación de dúas orquestras para as verbenas dos tres días, fogos artificiais e queimada de despedida.
Conectamos con Galicia, concretamente con Navia de Suarna, onde se atopa o noso colaborador Henrique Fernández Mon-Sánchez, que nos informa de varias cousas relacionadas coa zona.
Recibimos e saudamos nos estudos a Juan Pedro Sánchez, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT)
Visita de Juan Pedro nos estudios de Radio Sant Boi |
Continuamos con don JUAN PEDRO SANCHEZ, que nos comenta que este ano Homenaxearán a don PABLO OSSORIO, como "Berciano del Año". O Concello homenaxeado será "VILLAFRANCA DEL BIERZO", e as Adegas que colaboran nesta ocasión servindo o viño que se degustará na cea será BODEGAS Y VIÑEDOS CASTRO VENTOSA. Aproveitamos a presencia de Juan Pedro para conectarnos con CESAR, responsable desta Adega que nos informa un chisco da historia e traxectoria destes colleiteiros bercianos. Actualmente son catro xeracións as que están a traballar nas instalacións e produccións destes caldos. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe.
Antes de finalizar o programa aínda temos unhos minutiños para falar con ANTÓN DE GUIZÁN, poeta lucense que nos fala das actividades que están a realizar. Prometémonos voltar a conectar con el noutra ocasión, con máis tempo, para termos unha conversa máis distendida e comentar moitas máis cousas relacionadas co seu labor cultural.
Despedímonos de todos vosoutros ate a vindeira semana. Non deixen de conectarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario