Unha semaniña máis con todos vosoutros. Agradecemos a visita nos estudos de Guido Álvarez Parga, que nos aompaña. Precisamente, con el comezamos a primeira intervención-entrevista para que nos fale da súa traxectoria profisional e dos seus proxectos tan interesantes. Dámoslle as nosas máis expresivas grazas e despois de dexarlle que teña moitos éxitos na súa andaina, continuamos o programa escoitando unha peciña musical que nos serve para saudar ao segundo convidado.
A peza musical do CD "Poemas de amor en outono", de XOÁN EIRIZ, sérvenos para darlle a ben-vida a este grande intérprete, profesor e músico galego. "Cada poema unha canción", así reza unha das frases dese CD que nos agasallou. Comentamos con el a autoría deste grande traballo, que actualmente está en promoción e que podedes adquirir poñéndovos na súa páxina ou na de Toño Núñez, autor dos poemas que musicou precisamente Xoán Eiriz. Unha primicia que compartimos con todos vosoutros e que desexamos que disfruten del. En vindeiras datas voltaremos a conectar con XOÁN para que nos comente e informe onde poderemos escoitalo en directo, nos Concertos que ten previsto realizaar para a súa presentación.¡Moitas Grazas Xoán Eiriz!
Continuamos, na segunda hora, falando co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encaargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Comeza comentándonos a experieincia da súa visita a Viana do Bolo a fin de semana pasada, con motivo da VIBOMASK, unha celebración extraordinaria e moi recomendable, non só pola vistosidade senón tamén pola súa orixinaliddade. Fainos un pequeno percorrido polas escollas TOP que seleccinou esta semana. Recoméndanos varias Festas Gastronómicas e apúntanos algunhas frases retranqueiras da súa "libretiña pequena". Tamén nos envía a súa aportación creativa en forma de viñeta alusiva a algunha das intervencións no programa de hoxe. ¡Grazas!
Falamos agora con Jaume Gubianas, diseñador gráfico catalán, que ven de confeccionar o Cartel anunciador da 50 Festa da Androlla do 2020 en Viana do Bolo, dotado con 1500 €uros. Dámoslle os nosos parabens por ter acadado ese Premio tan honroso e que recolle moi acertadamente o que representa esa Festa tan importante para Viana do Bolo. Felicitacións e que sigas colleitando moitos éxitos Jaume. Convidámolo a que visite ese pobo da Galicia interior, a ser posible precisamente no Domingo Gordo do Entroido Vianés, porque así disfrutará da tradición popular enxebre.
Non puidemos conectar con Juan Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT, pero informounos a todos de que este sábado 18 farase a Presentación-Rolda de Prensa da "XVII Fiesta del Botillo en Cataluña", no Hotel Front Air de Sant Boi. Estades todos convidados. Acompañamos o Cartel anunciador deste grande evento previsto para o día 29 de FEBREIRO.
A vindeira semana voltaremos á mesma hora
¡Agardámosvos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario