jueves, 9 de enero de 2020

XOVES 9 de XANEIRO do 2020

Comezamos o primeiro programa do ano dos mil vinte, dándolles a ben-vinda e desexándolles un feliz ano a todos. E a nosa primeira comunicación é con dona Carmen Quinteiro, unha profesora e poeta galega que ven de publicar un poemario-libriño moi interesante. Fálanos da súa faceta creativa e das súas inquedanzas como profesional do ensino. Agradecémoslle a súa aportción.


A segunda intervención é a do noso estimado amigo OSCAR DE SOUTO, un "labrego da palabra" como o define Armando. Mantemos unha conversa moi agradable sobre a súa traxectoria creativa, da presentación e boa acollida que tivo o seu último traballo escrito. Tamén nos avanza algunhas cousas das que están a suceder naquela contorna da Costa da Morte, do Batallón Literario, do "Camiño dos FAROS" e finaliza agasallándonos coa lectura dun poema inédito. ¡Moitas grazas Oscar.!!!


A segunda hora comezámola conectando con Monforte de Lemos, onde se atopa o noso correspondente Xosé Manuel, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? A súa crónica, composta polos TOP de noticias escollidas, as recomendacións de Festas Gastronómicas e tamén das outras. Finaliza comentando a frase retranqueira seleccionada. Compartimos a súa primeira viñeta do ano, adicada a unha frase mentada no programa de hoxe.


Fernanda Follana encárgase de axudarnos a finalizar o programa coa súa aportación. Dende Becerreá, onde se atopa, falándonos de varios asuntos Culturais e actuacións que se realizaron nestas semanas festivas nos arredores Ancareses. 


E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Sexan felices!

No hay comentarios:

Publicar un comentario