Este último programa de "Galegos no BAIX" comezámolo chamando a un grande da nosa cociña galega: "JAVIER OLLEROS" do Restaurante "Culler de Pau", no Grove, que ven de recibir a segunda Estrella Michelín. Felicitámolo e charlamos-entrevistamos a este grande "Chef" que nos encandila coa súa conversa. Mágoa non ter máis tempo para seguir escoitando as súas propostas gastronómicas. Felicitámolo e desexámoslle que siga colleitando éxitos. Foi un pracer e un privilexio telo no noso programa de hoxe.
Continuamos o programa conectando con MARTA CASTRO, da Adega familiar "Lagar de Pintos". Esta é a filla de don José Basilio Castro Pintos, que foi o que nos facilitou o seu contacto. Fainos un pequeno percorrido pola traxectoria desta adega centenaria. Catro xeracións de adegueiros, nada no ano 1887 e que hoxe en día segue a ofrecer uns viños Albariños de grande calidade. Infórmanos con claridade deses caldos, dos blancos reserva, da súa maridaxe... ¡Moitas grazas, MARTA! por deixernos conversar contigo. Foi un pracer e unha honra para nosoutros terte no noso humilde programa.
Agora dámoslle paso ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? na que recolle os seus "Ghústanme e Desghústanme" tan axeitados cos que nos fai saber das noticias de Galicia dunha forma moi singular. Finaliza cunha descrición retranqueira de cómo se poden valorar os accidentes segundo o nivel. Tamén nos enviará a súa aportación viñetista relacionada con algunha intervención do programa de hoxe.
E así rematamos este último programa do 2020, desexándolles unhas
¡Moi Felices Festas de Nadal e que teñan un ventureiro Aninovo 2021!
No hay comentarios:
Publicar un comentario