Comezamos o primeiro programa do ano 2021 dándolles a ben-vinda e despois dunha pequena introdución musicla poñémonos en contacto con Maribel López Pérez, que rexenta a explotación apicultora co nome de "MEL A CASOA"-Palloza de Piornedo, dos Ancares Lugueses. Unha conversa-entrevista moi ilustradora relacionada cos traballos que levan adiante para a recolección e venta do MEL de Montaña Natural, que ademais veñen de recibir o Premio "Mel 5 Estrella 2020" de Galicia. Tamén nos indica cómo podemos adquirir os seus productos (na súa páxina web) e ademais facilítanos o establecimento de Hospitalet de Llobregat - Pepa Fanega -, onde podemos achegarnos a mercar eses productos.
A segunda comunicación é con CARLOTA PÉREZ FERNÁNDEZ, responsable do proxecto "sacraexperience.com" en Pincelo. Fálanos da proposta para disfrutar do entorno, dos talleres, do aluguer da casa, e moitas máis cousas das que se poden disfrutar naquela contorna. Ela mesma fai e realiza eventos á carta, para tódolos que desexen achegarse e axuda a que se fagan realidade as inquedanzas dos clientes que se achegan por alí. Agradecémoslle a súa amable atención e que se cumplan os proxectos.
Continuamos a segunda hora contectando con Galicia novamente, para falarmos con CARMEN PENIM, que nos fla do seus ultimo traballo musical: "CANTOS DE TERRA E SAL". Un CD que ten unha presentación exquisita. 10 temas que son escollas especiais de cantigueiros antigos e pezas musicais que teñen unha interpretación tamén moi coidada. Fálanos das colaboracións doutros artistas e músicos que participaron nese fermoso traballo. Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle moitos éxitos.
A última conexión é coa "Casa do Romualdo", tamén na Ribeira Sacra, concretamente en Vilela - Taboada. Unha conversa moi entretida e chea de engado, que nos acompaña por aquel recinto emblemático que xa levan ofrecendo os seus servicio nada menos que 20 anos. Dámoslle os nosos parabens por seren elexidos como representantes das Casas de Turismo Rural da Ribeira Sacra. En próximas conexións prometémonos dedicarlle un bocadiño máis de tempo para que nos informe das propostas que podemos disfrutar e prométenos interpretar algunha peza coa súa zanfona. ¡Moitas Grazas pola vosa participación de hoxe! ¡Que continuedes tendo moito éxito!
E despdímonos ate o vindeiro XOVES á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario