jueves, 28 de enero de 2021

XOVES 28 de XANEIRO do 2021

Comezamos outro programa máis coa nosa sintonía de sempre, dándolles a ben-vida e, despois de ofrecerlles un bocadiño de música, poñémonos en contacnto co noso primeiro convidado, don José Luís Quintana "Pilís", un dos propietarios da empresa "Castañas Petelo", en Allariz. Agradecémoslle a súa amable atención e conversamos con el para que nos informe de cómo levan adiante ese proxecto tan interesante, dos seus productos e das novidades que van introducindo nesa súa andaina.

A continuación falamos con David Vilares, un artista moi novo de Cadoalla, en Becerreá-Lugo, que nos fala da súa traxectoria artística e formación contínua que está a facer. Cóntanos as súas inquedanzas e algunha que outra anécdota interesante. Agasállanos interpretando unha peza tradicional galega, acompañado da súa pandeireta. Agradecémoslle ese detallazo, e agardamos que nunha vindeira ocasión poidamos disfrutar da súa interpretación con máis tempo.
 

Despois conectamos novamente con Galicia, para recibir ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos: Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección Quen che Preguntou? Fainos a súa crónica semanal de noticias mediante o seu apartado dos "Me ghustan e Desghústanme" ademais da subsección "caralladas", sempre cunha nota de humor e retranca galega. Tamén nos envía a súa "viñeta" alusiva a algún momento da emsión de hoxe, que aproveitamos para compartir con todos vosoutros.

A ultima intervención é con Teresa Ríos, unha poeta residente en Ponteareas, nada en Dumbría, que nos fala da súa creatividade e da próxima presentación dun poemario persoal titulado "Non estamos preparados para medrar". Agasállanos coa lectura-declamación de varios poemiñas da súa autoría. Prometémonos volver a falar con ela en vindeiras datas.

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

¡Que teñan unha feliz semana! 

Aquí vos deixamos o programa completo:


No hay comentarios:

Publicar un comentario