jueves, 21 de enero de 2021

XOVES 21 de XANEIRO do 2021

Comezamos o programa dándolles a ben-vida e ofrecéndolles un bocadiño de música para saudar, despois, a dona Rosa María Chantada Abollo, da Asociación "MULLERESEPALABRAS", que nos recibe moi amablemente e mantemos unha pequena conversa-entrevista moi ilustrativa. Infómanos da súa creación, das súas actividades e dos moitos actos que estan a realizar, a pesar da actual situación tan difícil que estamos a padecer, por mor da ausencia de actos presenciais. Teñen editado un "almaque" ou calendario do dous mil vinteun, que ten a particularidade de visibilizar e poñer en valor, cada mes, a unha autora con un texto destacado de cada unha delas. ¡Parabens polo traballo! e ¡Moitos éxitos nos futuros proxectos! ¡Moitas grazas por compartir connosco as vosas inquedanzas!

A segunda intervención é a dun artesán e mestre Luthier de Gaitas e instrumentos de vento tradicionais galegos: Carlos Corral, fillo do grande Mestre Gaiteiro e artesán Antón Corral. Ten o seu taller en Ponteareas, pero tamén da clases na ETRAD de Vigo. Falamos do seu traballo delicado actual (pola situación pandémica que estamos padecendo), da súa traxectoria e doutras cousas. Ten unha páxina mediante a que se poden mercar os seus instrumentos musicais galegos de vento: Para nós foi un placer e unha honra que participara con nosoutros neste programa de hoxe.

Continuamos a segunda hora cun grande emprendedor: XABIER d plataforma "Retorno al Pueblo". Xa falaramos con el en anteriores programas, con motivo das ofertas de outono, dos productos de magosto. Hoxe facémonos eco doutra proposta e oferta especial para este inverno: "Festa do Botelo", que contén unha chea de ingredientes específicos para celebrar e disfrutar deste manxar galego tradicional. Todos os nosos oíntes e seguidores que desexen adquir algún dos seus productos terán un bono especial de desconto, pero terán que mencionar o noso programa, claro.

Despedimos a Xabier con música e con música tamén, recibimos a TONI SIMOES, "Chef" do "Restaurante La Taverna de Clínic". Falamos das circunstacias especiais que estamos a pasar, e moi en particular eles. De tódolos xeitos os seus clientes e amigos poden solicitar os seus Menús e pratos caractarísticos mediante teléfono ou visitando a súa páxina web: https://www.latavernadelclinic.com/el-restaurante. Poden ir a recollelos ao propio Restaurante, pero dispoñen dun transporte gratuito mediante o cual achéganche á casa calquera dos pratos encargados. Agradecémoslle a súa atención e desexamos que sigan tendo moito éxito.

Despois de escoitar outra peciña musical informamos dalgunhas noticias chegadas á nosa Redacción e despedímosnos ate o vindeiro xoves, á mesma hora. Temos que disculpar a ausencia do noso compañeiro Armando Fernández, por mor dunha pequena obriga persoal así como tamén a falta do noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel, xa que tivo un compromiso que atender e non podía facernos a súa crónica semanal. Seguro que a próxima semana estaremos todos, estade atentos.

 

¡Que teñades unha feliz semana!

O programa enteiro:    

No hay comentarios:

Publicar un comentario