A segunda intervención é a dun artesán e mestre Luthier de Gaitas e instrumentos de vento tradicionais galegos: Carlos Corral, fillo do grande Mestre Gaiteiro e artesán Antón Corral. Ten o seu taller en Ponteareas, pero tamén da clases na ETRAD de Vigo. Falamos do seu traballo delicado actual (pola situación pandémica que estamos padecendo), da súa traxectoria e doutras cousas. Ten unha páxina mediante a que se poden mercar os seus instrumentos musicais galegos de vento: Para nós foi un placer e unha honra que participara con nosoutros neste programa de hoxe.
Continuamos a segunda hora cun grande emprendedor: XABIER d plataforma "Retorno al Pueblo". Xa falaramos con el en anteriores programas, con motivo das ofertas de outono, dos productos de magosto. Hoxe facémonos eco doutra proposta e oferta especial para este inverno: "Festa do Botelo", que contén unha chea de ingredientes específicos para celebrar e disfrutar deste manxar galego tradicional. Todos os nosos oíntes e seguidores que desexen adquir algún dos seus productos terán un bono especial de desconto, pero terán que mencionar o noso programa, claro.
Despedimos a Xabier con música e con música tamén, recibimos a TONI SIMOES, "Chef" do "Restaurante La Taverna de Clínic". Falamos das circunstacias especiais que estamos a pasar, e moi en particular eles. De tódolos xeitos os seus clientes e amigos poden solicitar os seus Menús e pratos caractarísticos mediante teléfono ou visitando a súa páxina web: https://www.latavernadelclinic.com/el-restaurante. Poden ir a recollelos ao propio Restaurante, pero dispoñen dun transporte gratuito mediante o cual achéganche á casa calquera dos pratos encargados. Agradecémoslle a súa atención e desexamos que sigan tendo moito éxito.
Despois de escoitar outra peciña musical informamos dalgunhas noticias chegadas á nosa Redacción e despedímosnos ate o vindeiro xoves, á mesma hora. Temos que disculpar a ausencia do noso compañeiro Armando Fernández, por mor dunha pequena obriga persoal así como tamén a falta do noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel, xa que tivo un compromiso que atender e non podía facernos a súa crónica semanal. Seguro que a próxima semana estaremos todos, estade atentos.
¡Que teñades unha feliz semana!
O programa enteiro:
No hay comentarios:
Publicar un comentario