jueves, 15 de septiembre de 2022

XOVES 15 de SETEMBRO do 2022

Comezamos unha nova tempada 2022-2023, dándolles a benvida e desexando que tiveran un verán feiticeiro. A primeira convidada para encetar esta nova xeira é MERCHI ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, Presidenta de GALICIAME, con quen temos o provilexio e a honra de falar para que nos informe da "Gala a prol de Merchi Alvarez, destino Korea", que se realizará o vindeiro sábado día 24 coa actuación de grandes cantautores e artistas que altruistamente se prestaron para realizar este evento. A actuación será a partir das 21 horas no "Auditorio da Xuventude" de Cambados. Aproveitamos para compartir o Carel anunciador de dito evento e desexarlle que teña moita sorte e moitos éxitos.

A segunda intervención é con DAVID VÁZQUEZ - PINANCHO, que nos fala do documental "EL ÚLTIMO DE ARGANEO", que é unha homenaxe ao Rural moi centrada na vida de Edilberto Rodríguez. Xa ten recibido varios Premios e augurámoslle moitos máis. Tamén no fala da súa  Adega : "Antonio do Nicho", ubicada en San Fiz - Chantada, en plena Ribeira Sacra. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos, e prometémonos voltar a comunicarnos con el para que nos fale deses caldos que está a embotellar agora mesmo.
 

Na segunda hora comezamos conectando novamente con Galicia para achegarnos ás terras de Quintá de Cancelada, para falar con CHEMA ÁLVAREZ, que nos fai un pequeno relatorio da "XV Festa da Gaita" que se convertiu no "1º Musical Asturgalaico de Valdesouto". Felicitámolo polo seu traballo e dedicación de moitos anos e que está a acadar moito éxito. En vindeiras datas voltaremos a poñernos en contacto con Chema para que nos informe doutras das actividades que teñen previsto realizar, todas elas baixo o patrocinio da Asociación Cultural "Chao de Sebes". Agradecémoslle a súa colaboración de hoxe e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

Finalizamos a emisión de hoxe conectando con PEPE CACABELOS (José Luís Núñez Cacabelos), Músico e Cantautor galego, de Cambados, que estará precisamente nesa "Gala a prol de Merchi Alvarez, destino Korea". A súa actuación é unha aportación altruista ao evento. Agradecémoslle a súa participación e parabenizámolo polo seu traballo, desexando que siga acadando moitos éxitos.

E despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro xoves á mesma hora. Que sexan felices!!! Colgamos aquí o programa enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario