Segundo programa desta nova tempada 2022/23, que comezamos, coma sempre, dándolles a ben-vinda e deseguida poñémonos en contacto co noso primeiro convidado: BERNARDINO CREGO CERVANTES, Presidente do Centro Portugués en Vigo. Agradecémoslle a súa amable atención. Conversamos un bocadiño con el e infórmanos das próximas Xornadas que realizarán o vindeiro mes de outubro adicadas á Saudade, nas que participarán importantísimas personalidades galegas e portuguesas. Os eventos en cidades de Portugal e Galicia.
Na segunda hora sempre conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Mannuel F. Montes, que leva adiante a sección Quen che Preguntou? Fainos un percorido informativo cos seus Ghústanme e Desghústanme, que depois finaliza cos seus apuntes da "libretiña pequena" coa aportación recadadora de frases e ditos populares con retranca, moi acaída.
Falamos, a continuación con ADRIÁN EIRAS, que xunto coa súa irmá JESSICA levan adiante a Empresa "Patatas EIRAS" en Lugo. A pesar de que este ano de seca e mal tempo para a colleita dese producto tan aprezado en Galicia e cáseque en toda España, están tendo grande demanda e atendendo a tódolos seus clientes. Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe e desexámoslle moita sorte.
E finalizamos o programa desexándolles unha feliz semana. Aquí deixamos o programa completo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario