Comezamos coa nosa sintonía, saudando aos nosos oíntes e seguidores, escoitamos un bocadiño de música e saudamos ao primeiro convidado. ALBERTO CACHARRÓN MOJÓN, escritor, deportista e viaxeiro galego incansable que nos fala da súa faceta viaxeira, dos 15 Camiños de Santiago que fixo, das moitas rutas e expedicións extraordinarias, cheas de interese e emoción, dos seus libros publicados e, como no, do último e recente: "La Senda Proscrita". Agradecémoslle a súa amable atención.
A segunda persoa convidada é don XOSÉ MIGUEL PÉREZ BLECUA, Alcalde de San Xoan de Rio, con quen mantemos unha conversa moi agradable. Falamos de varios e interesantes proxectos moi interesantes: Aldealista.com, e moi destacadamente do Premio de Novela Galicia Rural que acaban de concederlle ao escritor Oscar Reboiras, pola súa novela: "A Agonía das folerpas", relacionada coa aldea abandonada de Salgueiros, no Parque Nacional do Xurés. Agradecémoslle as súas informacións precisas e desexamos que acaden moitos éxitos nesas encomendas.
Comunicámonos co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Envíanos a súa crónica cos seus "Ghústanme e Desghústanme" semanais. Tamén nos envía a "Viñeta" aluisiva ao programa de hoxe. ¡Moitas Grazas!
Continuamos o programa informando das próximas actividades da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, o Magosto para o vindeiro sábado día 5 de novembro, o Campionato de Tute, a Presentación de sendos libros de Ánxela Gracián e Alberto Cacharrón e o fallo do "XXXVI Certame de Poesía Rosalía de Castro", dentro da Semana Cultural 2022. Tamén lles comunicamos a intervención da actriz María Barcala na Obra Teatral: Libre como os paxaros, que terá lugar na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Barcelona, c/ Montalegre, este próximo venres día 28 ás 19h. A entrada é gratuíta. Está organizado polo Lectorado de Estudos Galegos da UB.
Falamos con UBALDO PÉREZ, do Restaurante "Los Ancares", na rúa Robrenyo,76 - 78, de BCN. Felicitámolo pola recente celebración (o domingo pasado) da Festa do Cocido Galego, con grande afluencia de comensais, que foron agasallados con música galega, como sempre que realiza eses eventos culturais gastronómicos. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Celebramos e felicitamos á Catedrática de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, ensinante, científica, académica, escritora, novelista... MARILAR ALEIXANDRE, que ven de ser Premio Nacional de Narrativa. Voltamos a recordar os próximos eventos que mencionamos anteriormente, para que poidan participar e asistir.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Aquí deixamos o programa completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario