Unha nova emisión deste programiño, "Galegos no BAIX" de dúas horas en galego. Despois de escoitar a nosa sintonía e darlle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, poñémonos en contacto co Excmo. Sr. Alcalde de A Fonsagrada, don Carlos López López. Conversamos con el para que nos informe da celebración da "XXVI Feira do Butelo 2023" desa localidade, prevista para os días 11 e 12 deste mes de febreiro. Tamén nos informa da entrega do "Butelo de ouro" ás mulleres que confeccionaron as máscaras que se precisaron para entregarlle-las aos veciños durante o encerro por culpa do Covid-19. Transmitímoslle a nosa felicitación por esa elección. Tamén haberá música para acompañar aos visitantes, que interpretarán os compoñentes do grupo Tradicional Illa Pancha e os da Asociación C. Antaruxas e Sorteiros. Convídanos a participar na Feira e a visitar esa localidade montañesa que poderán disfrutar dunha grande variedade de ofertas turísticas de grande interese: Museo etnográfico, Patrimonio Cultural, Gastronomía, Senderismo... etcétera.
Convidamos agora a dona
MARIA LUISA PICADO SILVA, escritora moi vinculada ás terras do Bierzo, aínda que o lugar de nacenza foi o pobo de Las Lanchuelas, Valencia de Alcántara (Cáceres). Felicitámola por ser elexida pola Asociación de Bercianos en Cataluña como homenaxeada no eido literario dentro da celebración do
"XIX Festival del Botillo 2023". Conversamos con ela para poder recibir máis información da súa creatividade literaria e. moi concretamente nos señala o seu libro: "Camino Negro", que foi un dos elementos que decantaron aos socios e Xunta Directiva de ASOBECAT, para concederlle ese nomeamento. Xa ten publicado varios libros. A súa primeira publicación titúlase "María, la frontera y el camino", baseada nas mulleres contrabandistas da fronteira entre Extremadura e Portugal. Os outros dous son: "Dos vidas" e "El último camino". Tamén nos informa de que está a traballar noutro libro que pronto se publicará. Seguiremos a súa traxectoria.
Continuamos, na segunda hora conversando con
PAULA CARBALLEIRA CABANA, filóloga, escritora, contacontos e actriz galega. Unha honra e un pracer conversar con ela. Parabenizámola polo Premio que lle concedeu a Deputación da Coruña no seu traballo de Dirección "Que din as r
umorosas". Está ensaiando para un novo espectáculo xunto coa Banda Municipal da Coruña. Seguro que terá moitos éxitos. Tamén nos informa do seu traballo escrito "As Alumnas" que foi seleccionado para o Premio Follas Novas. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos. Aproveitamos a "viñeta" que nos envióu o noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, para compartila cos nosos oíntes e seguidores.
A última intervención é a entrevista que nos concedeu
ALBA MARIA RODRÍGUEZ, filóloga, cantante, escritora e regueifeira. Fálanos da súa faceta investigadora e creativa, dos "Brindos" da "Regueifa". Comentamos o seu disco "Aínda" que foi premiado na "XV Gala dos Premios de Raíz" e editado pola CentralFolque. Esa mesma CentralFolque publicou outro traballo dela "A Regueifa en Bergantiños". Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e agasállanos cun brindo alusivo á data na que nos atopamos: O Entroido. Un pracer e unha honra poder contar con ela.
Informamos das próximas actividades previstas da nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro e despedímonos ate o próximo xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
Colgamos aquí o programa enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario