jueves, 9 de febrero de 2023

XOVES 9 de FEBREIRO do 2023

Comezamos unha nova emisión do noso programa "Galegos no BAIX" coa nosa sintonía de sempre e saudando a tódolos nosos escoitantes e seguidores. Ofrecémoslle un bocadiño de música e poñémonos en contacto co primeiro convidado de hoxe, o Ilmo.Sr. SANTIAGO RODRÍGUEZ GARCÍA, Alcalde do Concello de Vega de Espinareda. Felicitámolo porque ese Concello foi elixido pola Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT) para Homenaxear este ano no "XIX Festival del Botillo-2023" o día 26 deste mes de febreiro. Agradecémoslle a súa amable atención e mantemos unha conversa-entrevista chea de interesantes comunicacións e informacións dese concello. Convida a tódolos oíntes e seguidores para que se acheguen a esa localidade berciana, porta dos Ancares Leoneses, que serán moi ben recibidos.



A segunda intervención é con don VICTOR GARCÍA ALONSO, propietario do ASADOR DEL BIERZO e da TABERNA DEL BIERZO, en Barcelona. Tamén será homenaxeado no mentado "XIX Festival del Botillo-2023", que celebrará a Asociación de Bercianos en Cataluña o vindeiro día 26. Indícanos que todos os que se acheguen aos seus establecementos en nome da nosa Radio serán obsequiados cunha consumición gratuita. Agradecémoslle o detalle e desexámoslle moita sorte.



Continuamos na segunda conectando con Galicia, concretamente coa localidade de Liñares, onde se atopa dona PALOMA RAMOS, artesana de embutidos e especialista de Androllas e Pegureiros. Coméntanos cómo se poden degustar os seus produtos elaborados artesanalmente, cómo se poden adquirir (preferentemente na Feira da Androlla que se celebrará o día 19 en Navia de Suarna). Fálanos do cocido con androlla, grelos, patacas e outros productos porcinos moi axeitados para este tempo invernal.


Entrevistamos ao Ilmo. Sr. Alcalde do Concello de ARBO, don HORACIO GIL EXPÓSITO, a quen felicitamos porque acaban de recibir a distinción de "Festa Internacional de Turismo. Este ano celebran a "LXIII Festa da Lamprea 2023". Fálanos desa celebración de tanto renome e das moitas actividades que se están preparando para os días 28, 29 e 30 de Abril. Un pracer e unha honra contar coa súa participación no programa de hoxe. Desexámoslles moitos éxitos.



Informamos das Actividades previstas realizar pola nosa A.C.G.Rosalía de Castro, co seu Cocido de Entroido, a Festa do Pulpo, as clases informática, de música, de gaita, de danza e da próxima Conferencia, baixo o título: "Todas as mulleres que son. Cartografía poetica". Está prevista para celebrar o día da dona, o día 18 de marzo,  a cargo da dona Andrea Nunes Brións, poeta e escritora. E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
 
  

Deixamos aquí o programa enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario