Nova emisión. Dúas horas de Radio en Galego. Despois da sintonía e das salutacións, escoitamos un bocadiño de música e conecta con MANOLO FOTEIRO, da Fonsagrada. Comentan a creación e reportaxe relacionado co Hotel "Pórtico de A Fonsagrada", rexentado por un matgrimonio que decidiu darlle mellor vida á que foi casa do Alcalde. Novidades e informacións interesantes para tódolos nosos oíntes e seguidores. Moitas grazas Manuel, e moitos éxitos.
A continuación voltamos novamente a Galicia para falar con EDUARDO CARREIRA, un escritor e poeta que despois de comentar algunhas cuestións interesantes agasállanos, a tódolos oíntes e seguidores, coa declamación dunha creación poética da súa autoría. Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe.
Por terceira vez voltamos novamente a Galicia para recibir a Xulio Couxil, que se atopa en Viana do Bolo. Casualmente asistiu onte a unha manifestación en "Defensa da Mina de Penouta". Precisamente aproveitamos a ocasión para comunicarnos con don JAIME PÉREZ BRANGER, Director Xeral da Empresa Strategic Minerals Spain, que explota esa Mina dende fai uns anos. Mantemos unha pequena conversa para coñecer máis polo miúdo cómo está ese asunto de paralización dos traballos da Mina e recibimos, de primeira man, información pormenorizada. Desexamos que teñan éxito na súa reclamación, para que non se peche a explotación que veñen realizando dende fai algúns anos.
A comunicación con ROBERTO IGLESIAS, do Restaurante-Pulpería "Os Pendellos", en Chantada. Falamos con Roberto Iglesias, que nos pon ao corriente das posibles ofertas que teñen na súa carta, con pratos de diferentes prezos e grande calidade. Sentimos moito a interrupción que sofrimos, quizais devido ao mal tempo que estamos a sofrir, e que afecta moi particularmente a Galicia. Desexamos que sigan tendo moita sorte e moitos éxitos.
Despedímonos ate o vindeiro xoves. Que teñan unha feliz semana e deixamos aquí o programa enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario