Outro programa máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para poñernos en contacto, deseguida, con
ANXO BARANGA, do Grupo de Teatro "Furafollas" e outras actividades máis, para que nos fale do evento que se celebrará este vindeiro sábado a partir das 12h da mañá no "Ateneu Roig", onde ofrecerá un concerto a cantautora e compositora galega
SU GARRIDO POMBO, Un acto que forma parte dos moitos actos organizados dentro da "Biblioteca Sabela Labraña". Tamén nos informa doutras actividades máis, relacionadas co teatro, cos contos nos colexios... Agradecémoslle a súa atención e desexamos que teñan moitos éxitos.
Unha chamadiña a Galicia para falar con GUZMÁN, da
Carnicería Murias-Embutidos Artesanais Petín S.L. (Ourense). Fálanos dos produtos artesanais que serve aos clientes que o soliciten. Todos de proximidade e realizados sen ningún tipo de conservantes nin aditivos. Tamén se lle poden pedir cabritos das montañas dos arredores, carne de vaca de primeira calidade, viño da D.O.Valdeorras, Mel, ectcétera... Aconsella aos nosos oíntes e seguidores que fagan os seus pedidos via internet, ou ao seu teléfono (988 311 552), ou visitando a súa páxina web. Agradecémoslle a súa información, moi axeitada para estas datas de Nadal, que seguro lle será util a algún dos nosos oíntes.
A seguinte intervención é a do noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU. Comeza cos seus "Desghústanlle" e continúa cos "Ghústalle", que é un pequeno resumo das noticias escollidas para facérllelas partícipes aos nosos ointes. Despois fainos unhas "pílulas" recollidas na súa "libretiña pequena". Máis tarde fainos partícipe da súa "Viñeta" creativa que é unha alusión a un dos momentos interesantes da nosa emisión. Xa a emitimos no noso Facebook, pero agora facémola pública neste noso blog. ¡Moitas Grazas Xosé Manuel! Ata outro xoves. Que teñas unha feliz semana.
A continuación falamos con Marcelino de Santiago Viqueira, máis coñecido por KUKAS, "Os Monicreques" o "Titiriteiro máis antigo de Galicia". Agradecémoslle a súa atención e mantemos unha conversa moi amena e moi agradable falando da súa creatividade e dos moitos proxectos e propostas artísticas que están levando a cabo por toda Galicia adiante. Despedímonos ate outra ocasión.
A ultima entrevista-conversa é con ADRIÁN MÉNDEZ FERNÁNDEZ un dos responsables da celebración da "FOLIADA DA FONSAGRADA", prevista para os días 7, 8 e 9 de decembro, cun programa de actividades e actuacións moi interesantes. Por certo hoxe mesmo remata o proceso de inscrición para participar e para poder asistir á botelada prevista. Novidades e sorpresas que serán do agrado de tódolos asistentes. Augurámoslles moitos éxitos e moita sorte.
Despedímonos ate o vindeiro xoves, que non será o día 7 porque temos festa, senón o día 14 de decembro. Que sexan felices. Deixamos aquí o programa completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario