A segunda intervención é a miña, Xulio Couxil. Estou desplazado ao Balneario de Fitero para aproveitar uns días de desconexión e lecer. Comentamos a realización do acto que programou a nosa Entidade A.C.G.Rosalía de Castro, que consistiu na presentación do libro de dona IOLANDA DÍAZ GALLEGO, que tivo a presentación do Ilmo.Sr.Director Xeral de Política Lingüistica de Galicia, don Valentín García Gómez. O libro leva por título: "Decidín desvelar o proceso". Un traballo con moita documentación relacionada coa emigración galega en Uruguai. A emisión de hoxe convértese na última desta tempada, porque xa non quedan máis días para o noso programa. Desexamos que teñan un feliz verán e desexamos voltar a contar coa audición que nos dispensaron nesta temporada, a partir do mes de setembro que voltaremos con máis azos e desexos de cumplir cos obxectivos que nos propoñamos.
Escoitamos a entrevista que lle fixemos a José Angel Hevia Velasco, máis coñecido ccomo HEVIA, que tivemos ocasión de facerlle con motivo da súa participación no "Festa Celta" que organiza e celebra a nosa Asociación o día do Corpus, a "Festa Galega" en Can Mercader, deste 2024. E con ela despedímonos ate o vindeiro mes de setembro que voltaremos con todos vosoutros.
Deixamos aquí o programa completo:
¡Que teñan unhas felices vacacións e un feliz verán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario