jueves, 20 de junio de 2024

XOVES 20 de XUÑO do 2024

Último programa da tempada 2023-2024. Comeza coa sintonía de sempre, as slutacións oportunas e unha peza para recibir á primeira convidada: CARMEN PENIM. Hoxe non se atopa nos estudios o Xulio, por mor de certas obrigas persoais. Mantén Armando unha conversa-entrevista moi interesante dando a coñecer algunhas novidades relacionadas coa escrita e novas creacións que ten previstas. Actualmente está moi implicada co asunto do último traballo "A fraga de pasacorrendo". Rememora a súa producción musical e comenta unha próxima novidade prevista para o vindeiro Nadal. Despídense desexando que todo decorra con ben.

A segunda intervención é a miña, Xulio Couxil. Estou desplazado ao Balneario de Fitero para aproveitar uns días de desconexión e lecer. Comentamos a realización do acto que programou a nosa Entidade A.C.G.Rosalía de Castro, que consistiu na presentación do libro de dona IOLANDA DÍAZ GALLEGO, que tivo a presentación do Ilmo.Sr.Director Xeral de Política Lingüistica de Galicia, don Valentín García Gómez. O libro leva por título: "Decidín desvelar o proceso". Un traballo con moita documentación relacionada coa emigración galega en Uruguai. A emisión de hoxe convértese na última desta tempada, porque xa non quedan máis días para o noso programa. Desexamos que teñan un feliz verán e desexamos voltar a contar coa  audición que nos dispensaron nesta temporada, a partir do mes de setembro que voltaremos con máis azos e desexos de cumplir cos obxectivos que nos propoñamos.

 

Falamos agora co noso director da revista "Lúa Nova" da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornella, e coordinador do Certame de Poesía Rosalía de Castro, ANTONIO DÍAZ. Tamén comenta a presentación do libro de Iolanda Díaz Gallego o pasado sábado. Despídense ate o vindeiro setembro. Fai unha pequena referencia á convocatoria do seguinte Certame de Poesía, nada menso que a trinta e oito convocatoria, e a presentación do próximo libro que reclle os poemas premiados nos cinco últimos Certames, previsto para a celebración do fallo desta convocatoria no mes de novembro próximo.

Escoitamos a entrevista que lle fixemos a José Angel Hevia Velasco,  máis coñecido ccomo HEVIA, que tivemos ocasión de facerlle con motivo da súa participación no "Festa Celta" que organiza e celebra a nosa Asociación o día do Corpus, a "Festa Galega" en Can Mercader, deste 2024. E con ela despedímonos ate o vindeiro mes de setembro que voltaremos con todos vosoutros.

 

Deixamos aquí o programa completo:

¡Que teñan unhas felices vacacións e un feliz verán!


No hay comentarios:

Publicar un comentario