jueves, 13 de junio de 2024

XOVES 13 de XUÑO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, os saúdos a tódolos nosos oíntes e seguidores e unha peciña de música para recibir ao primeiro convidado: PRIMITIVO LAREU, da "Adegas e Viñedos Lareu" na Ribeira Sacra. Os seus caldos (Sabatelius - Mencía) estiveron presentes na celebración da exposición "O tempo que ficou no olvido", no Pazo de Sabadelle o día 8 deste mes de xuño. Este evento que congregou a unha man chea de artistas, poetas e artesans que se uniron para lembrar a aldea e a súa xente. Un colaborador altruista que participou moi activamente nesta mostra que estará activa ata do mesmo día trinta de setembro, no Pazo. Agradecémosllle a súa participación no programa de hoxe.

Mercedes e Primitivo
Mercedes e Primitivo Lareu
A segunda convidada é MERCEDES VÁZQUEZ SAAVEDRA, unha grande fotógrafa galega, que conta cunha grande traxectoria de recoñecementos. O motivo da nosa chamada é para coñecer máis polo miudo, a súa participación nese evento do día 8 no Pazo de Sabadelle, no que ten unha exposición das súas "fotografías de mulleres", proposta etnográfica de mulleres. Estarán alí, naquelas dependencias xunto as esculturas doutros artistas, pintores e escultores, dos que nos comenta a súa aportación. Tamén nos falou do fermoso concerto ofrecido pola cantautora Carolina Rubirosa e da intervención da poeta Olga Novo. Agradecémoslle a súa información detallada e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Laura
Falamos con LAURA LÓPEZ DRUSETTA, Profesora e escritora, que ven de acadar o Premio de Novela Curta "Antón Risco" 2024, coa súa obra que leva por título: "Todo pasa". Parabenizámola e mantemos unha conversa moi interesante sobre a trama desta novela que ten moito a ver con dúas mozas, segundo nos describe, sin develar o seu contido. O xurado que elixiu este traballo salientou unha trama histórica motivadora que mestura o presente e o pasado con protagonismo dunhas personaxes femininas que defenden o seu. Aldonza de Mendoza (tránsito da idade media á idade moderna) e Carmela (actual) son as protagonistas... Agradecémoslle a súa participación e prometémonos voltar a conversar con ela noutra ocasión, ou cando se presente esa novela xa editada.
Conectamos novamente con Galicia para falar con XOSÉ FIGUEROA LORENZANA, do Pazo de Sabadelle, que foi o encargado de programar ese evento que se realizou nas dependencias dese Pazo, que data do século XII: "O tempo que ficou no olvido", lema que foi extraído dun texto de Antón Avilés de Taramancos, segundo nos comenta el mesmo. Tamén nos fai referencia a distintos momentos destacables do evento, como o desfile de xoias elaboradas pola ourive Susi Gesto e unha xoia específica para a "Virxe do Faro", que lle entregarán ao Concello e que será levada á ermida da Virxe do Faro na Festa que se celebra cada ano. Tamén nos falou da escultura de Tino Canicoba e pinturas de Lomarti e Xoan Guerreiro, xunto coa perfonmance de Elena Salgueiro. Unha noite de cultura e posta en valor do rural galego. Agradecémoslle a súa aportación.
Despois de escoitar outra peza de música poñemonos en contacto con XAVIER PEREIRA, que é un dos tres (Jorge Pereira e Camilo Castiñeiras Boán) responsables da "Adega Terras Mancas", en Soutomanco - Trasalba - Amoeiro (Ourense). Fálanos do seu proxecto de explotación e elaboración de viños brancos moi especialmente Albariño, Godello, Treixadura e Loureira. Veñen de recibir un Baco de Ouro e algún que outro premio máis. Son grandes colaboradores coa "Fundación Vicente Risco" e tamén coa que teñen próxima "Fundación Otero Pedraio". Coméntanos tamén que reciben os consellos e asesoramento dun grande profesional e enólogo de grande prestixio, como é Pablo Estévez. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.


Deixamos aquí o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario