viernes, 24 de junio de 2022

XOVES 23 de XUÑO do 2022

Un novo programiña de dúas horas en galego, para todos vosoutros. Comezamos coas salutacións oportunas e a continuación escoitamos a peza musical "Meninha Científica", para darlle a ben-vinda á súa autora CARMEN PENIM. Felicitámola e comentamos con ela a celebración que tivo en días atrás, no Iº Congreso: "Acción pola Saúde integral das Mulleres". Tamén lle enviamos a nosa felicitación ao seu compañeiro Maurizio pola próxima saída ao prelo do seu Poemario en Língua Galega. Desexámoslles moitos éxitos e agradecémoslle a súa amable atención.

Continuamos a emisión falando con FINA TIZÓN FRAGA, que nos ven a presentar o seu libro: "Cesuras. Raices". un libro descritivo e cheo de información moi interesante sobre esta localidade da comarca de Betanzos, da provincia da Coruña, antes da súa anexión con Oza dos Ríos. Fálanos da súa creación, das ilustracións aportadas por ela mesma, da documentación consultada e das seccións que contén este traballo comque pretende deixar constancia da súa procedencia natal e aprezo pola súa terra.

Conectamos con Galicia para falar con XESÚS RÁBADE PAREDES, a quen felicitamos pola recente publicación dun fermoso libro, que leva por título: "A Luz co Tempo Dentro". Coméntamos, un momentiño, cómo e de qué trata esta especia de Biografía que está moi relacionada coa súa propia experiencia vital. Xa tivo a ocasión de que o entrevistarna na Televisión de Galicia e noutros medios de comunicación. Nosoutros agradecémoslle que nos recibira e nos dedicara esta súa agradable conversa para saber sun chisco máis da súa creatividade literaria. Desexámoslle moitos éxitos.

A seguinte intervención é coa Escritora, Profesora, Etnógrafa vocacional, Gastrónoma, Conferenciante e Membro da Real Academia Galega da Lingua: dona FINA CASALDERREY FRAGA, coa que conversamos sobre dúas das súas últimas publicacións: "Lingua Guapa, Cantos que contan" e "O Xenio da Cidade do Sal". Felicitámola por tan fermosos traballos e mantemos unha conversa moi amena relacionada con esas dúas creacións Libros-Disco, que ao parecer están a ter unha grande acollida e unha demanda moi importante. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que siga acadando moitos éxitos.

Continuamos a emisión e seguimos a flar con FINA TIZÓN FRAGA, do seu libriño: "Cesuras Raices". Indícanos que poden mercalo mediante o seu correo electrónico: finatizonfraga@gmail.com, ou tamén poden entrar na súa páxina de facebook para solicitárllelo. Voltamos a agradecerlle a súa visita e desexámoslle que teña moita sorte nas próximas presentacións. Concretamente unha moi recente prevista para o vindeiro día 25 en Tarragona. Antes de darlle paso ao noso colaborador Xosé Manuel, paroveitamos para despedirnos de tósolos oíntes e seguidores, e convocalos ó xoves, día 30 á mesma hora, que será a última emisión desta tempada.


A última conexión é co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Escolle unha serie de noticias de actualidade que vai debullando cos seus "Desghústanme e Ghústanme" que sempre nos poñen ao corrente. Tamén nos fai partícipes das súas anotacións e "acudits" con retranca.

Deixamos aquí o Programa enteiro.






No hay comentarios:

Publicar un comentario