Un xoves máis con todos vosoutros para ofrecervos dúas horiñas de Radio en Galego. Despois das salutacións iniciais conectamos coa Presidenta da Asociación
GALICIAME,
MERCHI ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, a quen felicitamos pola próxima inauguración da Sede Galiciame en Cambados:
CASA MARIÑEIRA - SANTOMÉ, prevista para o domingo próximo, día 12 de xuño. Agradecémoslle que nos reciba tan amablemente e nos comente cómo vai a ser esa celebración, coa participación da madriña Belén Xestal, de Xabier Vizcaíno, Jorge Casal e Pablo Mora, que será o próximo padriño. Desexámoslles moita sorte e moitos éxitos.
A segunda convidada é
LUCÍA FERRO, Graduada en Enfermería e escritora, que ven de publicar unha novela:
"RESAIBO AMARGO". Dámoslle a ben-vida e fálanos desa súa primeira publicación. Felicitámola e conversamos sobre algunhas cousas desa súa creatividade novelística, ademais de comentarnos algo sobre outra faceta creativa súa, a poesía. Aínda non ten publicado nada, pero prometémonos voltar a falar con ela e que nos deleite coa lectura dalgunha das súas poesías. Moitas Grazas e moitos éxitos Lucía!
Comezamos a segunda hora conectando novamente con Galicia, para falarmos co noso admirado e benquerido
ANXO ANGUEIRA. Filólogo, Profesor, Escritor, Poeta e Presidente da Fundación Rosalía de Castro. Parabenizámolo pola recente publicación poética:
"Palmeiras, piueiros". Mantemos unha conversa moi amena e instructiva relacionada coa súa creatividade poética e outras varias cousas moi interesantes. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.
O convidado seguinte é Roberto López do ALBERGUE CASA CUARTEL da Fonsagrada. Infórmanos de cómo se pode alugar unha estancia nese establecemento que se puxo en marcha en plena pandemia do coronavirus e que actualmente está a ter unha moi boa acollida. Promete ter unha especial atención aos peregrinos ou clientes que se identifiquen como oíntes de Radio Sant Boi. Agradecémoslle a oferta, desexando que continúe adiante con esa laboura tan interesante.
Comentamos, un chisco, algo do que vai a suceder na Festa Galega de Can Mercader, prevista para a fin de semana vindeira, concretamente os días 17, 18 e 19 de xuño, e despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
Deixamos aquí o Programa Completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario