Unha semaniña máis con todos vosoutros para facer posible estas dúas horiñas de radio en galego. Comezamos entrevistando a José Luís Deiros Alonso, Cociñeiro do Restaurante que está na Condomiña: "Restaurante A FONTE da Salú", con quen mantemos unha conversa moi interesante relacionada con ese punto de encontro na Autovía galega e que semella un lugar imprescindible visitar para coñecer e disfrutar das boas viandas que alí se sirven. Productos de auténtica calidade galega.
A segunda conversa-entrevista é con FRAN BOUSO, coordinador encargado das IV Xornadas de "MONDOÑEDO É POESÍA", que se celebrarán o día 1 de maio vindeiro. Un recital Poético-Musical que é merecente de dar a coñecer así como asistir ás "Quendas de Mondoñedo" que se celebran esta fin de semana. Desexámoslles moitos éxitos.

A ultima Entrevista é con don RAFAEL QUINTÍA, autor do CD "A Pedra do Fundamento", Licenciado en Antropoloxía e tamén en Ciencias Económicas e Empresariais. A conversa xira arredor das súas investigacións e das moitas actividades culturais que realiza e nas que está moi implicado. Concertámonos para voltar a convidalo a participar connosco noutra ocasión e seguir aprendendo do moito que nos ensina.
A vindeira semana máis. Non deixedes de sintonizarnos.