Comezamos outro programa máis coa nosa sintonía, as salutacións e dándolle a ben.vinda a ANTONIO MARZABAL, escritor galego que nos ven a visitar. Escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto con FEDERICO PÉREZ REY, actor, guionista e monologuista galego. Dámoslle os nosos parabens por ser elexido para ser o Pregoeiro da "51 Festa do Queixo de Arzúa". As celebracións xa comezaron a partir do sábado pasado, día 21, pero os días máis importantes serán dende o 27 de febreiro ata o día 1 de marzo. A Festa do Queixo de Arzúa é a mellor oportunidade de poder degustar un dos queixos máis emblemáticos de Galicia, pero tamén se poderá disfrutar de actividades infantís, concursos, demostracións e catas dese manxar, acompañados de espectáculos musicais nos actuarán grandes artistas, como Budiño e o Grupo IALMA, entre outros. Desexámoslle que teña moito éxito na súa faceta ensalzadora deste produto galego que el mesmo nos constata que é un dos queixos que máis lle ghustan, tanto solo como acompañado con marmelo.
A continuación falamos co noso visitante, ANTONIO MARZABAL, que nos anuncia a próxima presentación dunha creación literaria súa, unha novela que leva por título: "Sara, lejana y sola". Coméntanos que se documentou coa lectura de diversos libros e novelas. Centrouse nunha familia que descubriu nunha desas novelas, e que ubica na cidade de Tánger. A presentación será o vindeiro día 10 nunha Sala da Biblioteca Francesc Candell, da Zona Franca en Barcelona. Desexámoslle que teña moito éxito nesa presentación.
Recibimos a ALEX Arnoso, do Grupo Musical "VIMBIO", que veñen de publicar un seu último single titulado: Pajitas de Bambú, pertencente ao seu Disco editado no mes pasado. Pódese disfrutar da súa escoita nas redes sociais deles, tanto no Facebook, como no Instagram e no Spotify. Fainos unha presentación dos compoñentes que forman parte dese Grupo Musical rokero. Levan un tempiño de xira, presentado este CD, a próxima actuación será en Ferrol. Desexámoslles que teñan moito éxito.
Continuamos comentando a novela "Sara, Lejana y Sola" de ANTONIO MARZABAL.
Chamamos a CELIA DÍAZ NÚÑEZ, escritora, Licenciada en Filoloxía Galego-Portugués e en Filoloxía Hispánica, Diplomada en Maxisterio e en Estudos Avanzados en Teoría da Literatura. Parabenizámola polos seus últimos traballos literarios publicados pola Editorial Galaxia, e por ser nomeada "Filla Adoptiva de Quiroga", por acordo unánime da Corporación Municaipal. Coméntanos algunha cousiña relativa a algunha das súas novelas e tamén do teatro infantil que tanto disfruta coa súa escrita. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
A seguinte conversa-entrevista é con JOAQUIM VENTURA, escritor e Filólogo, que será o presentador e moderador do "Seminario de Poesía Galega" - Poesía na Diáspora, organizado pola "Escola de Gaitas e Danzas TOXOS E XESTAS" de Barcelona, previsto para o día 13 de marzo, na Sé da Entidade, rúa Bronze, nº 7. Contará como colaboradoras a Concha Castro e Xoana Lara, así como a actuación do Grupo Musical galego "A RODA". Farase unha homenaxe especial en memoria de Suso Vaamonde. Precisamente o Grupo A Roda interpretarán algunhas das pezas que musicou e cantou Suso. Agradecémoslle a súa información e desesámoslle que teña moito éxito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario