Outro xoves con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado:
MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do
Centro Galego NÓS de Sabadell. Felicitámolo pola recente celebración da Letras Galegas a semana pasada. A continuación infórmanos da próxima celebración que vai ter lugar na Entidade este mesmo sábado a partir das 19 horas, A Sardiñada anual que sempre congrega a moitos socios e simpatizantes. Desexámoslles que teñan moit asistencia e participación. Tamén nos fala da próxima "Festa Galega" no Eix Maciá, de Sabadell, prevista para os días 12, 13 e 14 de xuño próximo, na que contarán con degustacións gastronómicas a cargo da "Casa Díaz". Inauguración cun pica-pica o venres día 12 e posterior actuación de orquestras e música de verbena. Agradecémoslle a súa detallada información e desexámoslles que teñan moito éxito.
 |
| Casa Florencio |
A segunda intervención, é a de
DANIEL VILA DURÁN, da
Casa Florencio, no lugar de O Verdugo, pertencente ao Concello de A Lama. Fálanos de celebración do "Concurso de Espantallos" que xa están expostos na "Ruta da Liberdade", que é un percorrido por un sendeiro cheo de natureza, a carón do río Barbeira. Levan xa varios anos celebrando este evento que ten moita participación e concurrencia. Este sendeiro estivo axeitado e axudaron a limpalo e sinalizado os internos do cárcere da Lama, xunto coa Asociación de veciños. Parabenizámolo polo ese traballo de sociabilidade e posta en valor do entorno natural e de convivencia que amosan. Desexámoslle que teñan moito éxito.
 |
| Christian |
A continuación damos lectura a un traballo moi interesante relacionado co nome de
ESPOSENDE.
Os tres lugares e unha raíz xermánica, pero unha língua con dous brazos. A primeria Santiago de Esposende en Ribadavia, a segunda a dous quilómetros de Ribadavia, Santa Mariña de Esposende, no concello de Cenlle. E a terceira, e máis famosa, Esposende de Portugal. Cidade, concello e freguesía, na foz do río Cávado. Un fermoso texto que nos enviou
CHRISTIAN SALLES, brasileño, e grande entusiasta dos nosos programas, a quen lle agradecemos a súa aportación. ¡Moitas grazas, CHRISTIAN!
Recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que el subdivide en tres apartados que levan por título a) Bule-Bulo, b) Que pasa que pasa, na Ribeira Sacr, e c) Sabedoría popular, na que recolle ditos, refráns, frases e anotacións na súa "libretiña pequena". Finaliza coa colaboración dun personaxe que aporta as súas escollas de ditos ou frases enxebres galegas, pouco empregadas.
 |
David Carrera
|
Conectamos novamente con Galicia para falar co Ilmo.Sr.Alcalde de A Lama, don
DAVID CARRERA CAL, que nos recibe moi amablemente e preguntámoslle polos diversos sendeiros que teñen no Concello que son moi visitados e de grande interese. Tamén nos fala da Semana Cultural que hai un tempo mudou o seu título por "Verán Cultural". As moitas e diversas Festas, concretamente a Festa gastronómica do Codillo, prevista para primeiros do mes de xuño. Desexamos que teñan moito éxito.
Despedimos o programa, con música de fondo, desexando que teñan unha feliz semana e agradecéndolles que nos sintonicen.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario