Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e dámoslle a Ben-vinda a DANI CASTRILLO LÓPEZ, galego coñecedor do noso medio, xa que leva adiante un seu programa (El Rincón de Hideo) na nosa Radio, do que el mesmo nos informa, e poñemos un bocadiño de música para darlle paso ao primeiro convidado de hoxe. Tentámolo, tiñamos previsto falar con OLI XIRÁLDEZ, un Luthier de grande prestixio, pero hoxe disculpamos porque se atopa indisposto... Aproveitamos unha súa comunicación, relacionada coa restauración dunha gaita do ano 1920, que se atopou nun colexio CEIP Xacinto Amigo Lera de Portomouro, para dárllela a coñecer a tódolos nosos escoitantes. Desexámoslle unha pronta recuperación.
A segunda persoa coa que nos poñemos en contacto é FRAN, un dos fundadores da empresa BASOÑAS MAR (http://basonasmar.es). Mantemos unha conversa moi interesante para informarnos dos diferentes produtos que comercializan, relacionados precisamente co MAR. Teñen catro barcos que faenan en Gran Sol e noutras latitudes pero a súa característica principal é que son barcos conxeladores, polo tanto o que pescan conxélanno inmediatamente e despois trasládano directamente aos seus almacéns e as diferentes tendas que teñen en Galicia. Tamén atenden os pedidos que reciben na súa páxina "Tenda on line", que recomendan a tódolos nosos escoitantes, amigos e simpatizantes para que comproben os prezos cmpetitivos que ofrecen e moi axeitados para estas datas nadalencas. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.
A segunda hora comezámola conectando co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que debulla moi específicamente nas tres sub-seccións, tan axeitadas, que nos propón en cada intervención. Todas elas cheas de grande interese. Agradecémoslle a súa importantísima aportación.
Falamos con ANTÓN BLANCO RODRÍGUEZ, Vicepresidente da FUNDACIÓN VICENTE RISCO, en Allariz. Aproveitamos para parabenizalo polos moitos actos e eventos importantes que están a realizar. Coméntanos e infórmanos da próxima: Vicente Risco e Daniel Castelao. GALIZA como Proxecto Vital. Tamén nos comenta que haberá un Concerto Musical o día 6 de decembro, cun aforo limitado, claro. A recente convocatoria do Premio de novela curta Antón Risco, así como o "Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais". Agradecémoslle a súa detallada información e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.
Despedimos o programa ata o vindeiro xoves á mesma hora.
¡Que teñan unha feliz semana!
Deixamos aquí o Programa Completo - Enteiro.



No hay comentarios:
Publicar un comentario